Antonio Murado
Antonio Xosé Murado López, nado en Lugo en 1964, é un pintor galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1964 (59/60 anos) Lugo, España |
Educación | Universidade de Salamanca |
Actividade | |
Ocupación | pintor |
Familia | |
Irmáns | Miguel-Anxo Murado |
Traxectoria profesional
editarLicenciouse en Belas Artes na Universidade de Salamanca en 1988. Comezou a expor en mostras colectivas en 1985, e realizou a súa primeira exposición individual en 1987 en Santiago de Compostela. Consegue unha bolsa para o taller de arte actual Juan Navarro Baldeweg, do Círculo de Belas Artes de Madrid, e a bolsa premio Manuel Colmeiro, instituída pola Xunta de Galicia, ao facer os vinte anos.
Participa en bienais provinciais e en certames nos que logra galardóns, como o primeiro premio no V Concurso de pintura de Outono L'Oreal, na Casa de Velázquez madrileña; premio adquisición en Murcia; accésit no de Caixa Postal en Madrid e premio Constitución en Mérida, no frutífero ano de 1989. En 1995 foi bolseiro de Unión Fenosa. A súa obra mostrouse en galerías e certames en Viena. O seu prestixio confirmouse na exposición individual que realiza na Casa da Parra, de Santiago, auspiciada pola Xunta.
As súas figuras ou escenas en siluetas son por completo neutras, ante unha paisaxe no ámbito da Galicia rural. Ás veces acode a inscricións sobre fondos. Na súa faceta escultórica abondan obxectos de base estritamente xeométrica con armazóns do que constituiría material de refugallo, acadando o cotián expresión plástica.
Vida persoal
editarVive e traballa en Nova York. É irmán do escritor e xornalista Miguel Anxo Murado e ilustrou os seus libros Bestiario dos descontentos e De soños e derribos.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- VV.AA. (1990): Antonio Murado. Santiago de Compostela, Xunta de Galicia.
- González-Alegre, A. (1994): Áreas de silencio. Deputación de Pontevedra.