Antón Rivas Briones
Antón Rivas Briones, nado en Madrid en 1918, e finado en Vilagarcía de Arousa o 22 de maio de 2004, foi un pintor galego que tamén destacou na xilografía e na talla.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1918 ![]() Madrid, España ![]() |
Morte | 22 de maio de 2004 ![]() Vilagarcía de Arousa, España ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | pintor ![]() |
Lingua | Lingua castelá ![]() |
![]() |
Traxectoria
editarAínda que nace en Madrid, vive desde neno, e ata a súa morte, en Vilagarcía de Arousa. Ós quince anos empeza a traballar como aprendiz nun obradoiro de ebanistería, grazas ao que alcanza un maxistral dominio no traballo da madeira. Compatibiliza a súa actividade profesional coa creación artística, campo no que foi autodidacta, e tanto na súa faceta de tallista, como de xilógrafo, deixou obras de gran perfección.
En 1943, é premiado no Certame nacional de Educación y Descanso para traballadores, e en 1947 e 1948 recibe unha bolsa para estudos de pintura da Deputación de Pontevedra. Tamén por esa época fai tímidas incursións no debuxo publicitario en Madrid.
Na década de 1960, a súa obra, en especial as súas xilografías, comezan a ter éxito entre os coleccionistas de arte galegos, e a súa fama chega a transcender até os Estados Unidos.[1]
Nos anos 70, é premiado en varias ocasións na Bienal de Arte de Pontevedra (1970 prata en gravado; 1973 e 1974 bronce en pintura; 1975 prata en pintura), logrando o seu máximo galardón en 1978: a Medalla de Ouro en pintura.
A súa obra atópase espallada en varios museos e en coleccións particulares e institucionais.
O Concello de Vilagarcía de Arousa púxolle o seu nome á sala de exposicións municipal, en 2001, e un ano despois nomeouno fillo adoptivo.
Estilo artístico
editarA súa obra artística enmárcase dentro da xeración galega de posguerra, que se afasta do academicismo para enlazar coa arte das vangardas, aínda que posteriormente evoluciona desde o vangardismo ata un realismo humanista, onde todas as súas composicións xiran en torno á figura humana.
Rivas é un magnífico debuxante que retrata tipos populares de rostros sinxelos e mans grosas e encalecidas, conseguindo que a plasticidade destes personaxes harmonice cun debuxo de vaga ascendencia cubista, e unha intensa cor.
Ten un sentido mural nato, e as súas composicións, recargadas e dramáticas abordan moitas veces temas folclóricos, ou de contexto máxico, con meigas e espectros.
Nos seus gravados prevalecen os tons escuros e as tebras.
Notas
editar- ↑ Na revista Artist’s Proof de 1966 pódense ver catro xilografías súas: “Toleirada”, “Estadeo”, “Traballadoras no descanso” e “Choqueirada”
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- AA.VV., (2001): Antón Rivas Briones. Viaxe pola memoria do home. Vilagarcía de Arousa, Concellería de Cultura.
- AA.VV., (1989): 20 años de Arte en Pontevedra. Pontevedra, Deputación.
- Pablos, F. (1981): Plástica Gallega. Vigo, Caixavigo.
- Chamoso Lamas, M. (1976): «Arte», en Galicia. Barcelona, Editorial Noguer.
- Sobrino Manzanares, M.L. (1991): Catálogo del Patrimonio Artístico de la Diputación de A Coruña. A Coruña, Deputación.
Ligazóns externas
editar- Rivas Briones, na colección de arte de Afundación
- “Rivas Briones no Liceo Casino de Vilagarcía de Arousa”, no blog Filgueira Valverde, un sabio na corte do Teucro, 20 de maio de 2012.