Bea Rey

pintora galega
(Redirección desde «Beatriz Rey»)

Beatriz Rey Gómez-Guitián,[1] nada na Coruña o 17 de marzo de 1939,[2] é unha pintora galega.

Infotaula de personaBea Rey
Biografía
Nacemento17 de marzo de 1939 Editar o valor em Wikidata (85 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónReal Academia de Belas Artes de San Fernando Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpintora Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Bea Rey naceu na Coruña, filla do farmacéutico e empresario José Rey, que participou na fundación do Grupo Sargadelos. Desde nova tivo relación con artistas como Luís Seoane ou Rafael Dieste.[1]

Licenciouse en 1968 na escola da Real Academia de San Fernando de Madrid, e ese ano realizou a súa primeira exposición individual na Sala Quijote desa cidade.[1] Entre 1968 e 1970 formou parte do movemento Estampa Popular Galega,[3] co cal expuxo en Galicia e Montevideo; unha «subversiva» estampa dela, xunto con outras dúas, provocou que a exposición celebrada en Tui rematase coa detención dos organizadores e a clausura obrigada por «injurias a la Nación, al Ejército y a la Guardia Civil».[4] Posteriormente expuxo en varias cidades galegas e en países como Finlandia, Francia e Alemaña.[1]

A obra de Rey, cunha destacada presenza da xeometría e mesmo do cubismo, avanzou cara ao surrealismo.[5]

Legado editar

 
Museo Bea Rey.

En marzo de 2019 inaugurouse no Lago (Cumbraos, Sobrado) o museo Bea Rey.[6]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Bea Rey en Afundación
  2. Dama de Elche
  3. "Beatriz Rey". Museo Reina Sofía. Consultado o 3 de xaneiro de 2024. 
  4. "Artigo de Aurelia Balseiro para o Museo de Lugo" (PDF). 
  5. "Isabel Rey: "Mi hermana Bea no quiso vivir más que para la pintura"". El Correo Gallego (en castelán). 28-03-2019. Consultado o 08-05-2022. 
  6. Molezún, Fernando (29-03-2022). "Un oasis del arte de vanguardia de Bea Rey en medio de la naturaleza". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 08-05-2022. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar