José María Acuña López

escultor galego

José María Acuña López, comunmente citado como Acuña, nado en Salcedo (Pontevedra) o 4 de abril de 1903 e finado en Vigo o 4 de xuño de 1991, foi un escultor galego.

Infotaula de personaJosé María Acuña López

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento4 de abril de 1903 Editar o valor en Wikidata
Salcedo, España Editar o valor en Wikidata
Morte4 de xuño de 1991 Editar o valor en Wikidata (88 anos)
Vigo, España Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor en Wikidata
EducaciónReal Academia de Belas Artes de San Fernando
Colexio Rexional de Xordos de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescultor Editar o valor en Wikidata
EmpregadorColexio Rexional de Xordos de Santiago de Compostela
Cerámica Celta Editar o valor en Wikidata
ProfesoresFrancisco Asorey Editar o valor en Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Premios
Sinatura
Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1265537 BUSC: acuna-jose-maria-1903-1992

Traxectoria

editar

Fillo dun ferreiro e membro dunha familia humilde de oito irmáns, el e outros tres eran xordos de nacemento. Estudou Belas Artes na Real Academia de Belas Artes de San Fernando, en Madrid, cunha bolsa da Deputación de Pontevedra. Foi discípulo de Francisco Asorey.[1] Traballou na Cerámica Celta de Pontecesures e desenvolveu unha importante labor docente, coma profesor de debuxo, modelaxe e talla, no Colexio Rexional de Xordomudos de Santiago, do que fora alumno.

Fixo de Galicia, os seus cidadáns e os seus costumes o tema central da súa creación. Entre as súas obras máis coñecidas destacan as de peregrinos, coma as do Monte do Gozo e San Caetano, Santiago de Compostela.

Premiárono coa Medalla de Prata ao Mérito no Traballo en 1973[2] e a Medalla Castelao no ano 1990.[3][4] O CEIP Escultor Acuña de Coia, Vigo, centro de referencia para a integración de alumnado con discapacidade auditiva,[5] así como rúas nas cidades de Pontevedra e Vigo, levan o seu nome.

Galería de imaxes

editar

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar