Din Matamoro

pintor galego (1958- )

Eduardo Manuel Matamoro Irago, comunmente citado como Din Matamoro, nado en Vigo no 1958, é un pintor galego.

Din Matamoro
Nacemento1958
Lugar de nacementoVigo
NacionalidadeEspaña
Alma máterFacultad de Bellas Artes (Universidad Complutense de Madrid) e Real Academia de España en Roma
Ocupaciónpintor e escultor
PremiosNovos Valores
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria Editar

Na primeira metade dos anos 80 chamaba a atención pola facilidade dos seus debuxos, dominados por un carácter expresivo e un gran sentido do ritmo. Despois foron cadros onde a materia amoreábase creando diferentes capas que se superpoñían. Estancias en Nova York e Roma introduciron conceptos novos: unha visión irónica do seu oficio, unha valoración do fragmentario e iconas próximas á banda deseñada.

Tamén ten realizado serigrafías, coma no conto Carmiña de Manuel Rivas ou ilustracións para diversos libros, coma por exemplo Feliz idade da poeta Olga Novo[1].

Notas Editar

  1. "Din Matamoro". euseino.org. Consultado o 2021-04-20. 

Véxase tamén Editar

Bibliografía Editar

  • Pintores e Escultores Galegos na EXPO 92. Xunta de Galicia.

Ligazóns externas Editar