Olga Novo
María Olga Novo Presa, nada en Vilarmao (A Pobra do Brollón) o 29 de xaneiro de 1975, é unha profesora, poeta e ensaísta galega, máis coñecida como Olga Novo.
recital Poemaria 2019, no Instituto Camoes Vigo. Detrás cartaz coa imaxe de Silvia Penas. (2019) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 29 de xaneiro de 1975 (49 anos) Vilarmao, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Campo de traballo | Poesía e ensaio |
Lugar de traballo | Galicia |
Ocupación | poetisa, ensaísta, escritora, pintora, docente |
Xénero artístico | Poesía |
Premios | |
| |
Traxectoria
editarLicenciada en Filoloxía Galega pola Universidade de Santiago de Compostela, foi profesora de bacharelato en varios institutos de Galicia, e despois de galego na Universidade da Alta Bretaña en Rennes,[1] e de literatura na Universidade Bretaña Sur, en Lorient.[2]
Como poeta, deuse a coñecer con tres poemarios: A teta sobre o sol (1996), Nós nus (1997) e A cousa vermella (2004). Tamén publicou un libro de arte compartido coa pintora Alexandra Domínguez e o poeta Xoán Abeleira, titulado Magnalia, e numerosos poemas en antoloxías, libros colectivos, revistas (Festa da Palabra Silenciada, Dorna, Xistral), colaborou en Cadenos de vida e culturas, Moenia, Anuario de estudios galegos, Boletín Galego de Literatura, Ínsula, e xornais (El País, ABC).[3] A súa obra foi recollida en escolmas como La flama en el espejo (México, 1998), Mulher a fazer vento (Lisboa, 1998), Yo es otro. Autorretratos de la nueva poesía (Madrid, 2001), o Spain (Poetry from the Castilian, Catala, Basque and Galician languages) (Atlanta, 2003).[1]
Como estudosa da literatura, publicou os ensaios Por un vocabulario galego do sexo. A terminoloxía erótica de Claudio Rodríguez Fer (Positivas, 1996), O lume vital de Claudio Rodríguez Fer (1999), Uxío Novoneyra. Lingua loaira (Fundación Caixa Galicia, 2005), Erótica Medieval Galaica: leda m'and'eu (Toxosoutos, 2013) e No principio foi o pracer (2017, Unión Libre).
Formou parte dos comités de redacción das revistas Ólisbos, Animal e Valdeleite, e segue a facelo de Unión Libre desde a súa fundación.
Participou con estudos en congresos e revistas, onde analizou sobre todo as propostas conectadas co surrealismo, pois escribiu sobre o escritor André Breton, o cantautor Léo Ferré e o pintor Eugenio Granell, e coa temática erótica, como reflicte o seu ensaio Tratado da pel, publicado no monográfico Erotismos de Unión Libre (1999), por ela mesma coordinado. Ademais, interesouse por poetas en lingua portuguesa, como Fernando Pessoa e o surrealista brasileiro Sérgio Lima.
Desde 2010, a Casa da Cultura da Pobra do Brollón leva o seu nome.[4]
En 2019 publica Feliz idade, no que "tende unha mecha desde a xeración que a precedeu á que lle segue; entre o onte e o mañá da estirpe, alén do pasamento do pai e da nenez da filla".[5]
É profesora de Lingua Galega e Literatura no IES A Pinguela de Monforte de Lemos.[6]
Obra en galego
editarPoesía
editar- A teta sobre o sol (1996, Edicións do Dragón, 1999, Letras de Cal). 34 páxs. ISBN 8492262087. En Xerais: 2024, ISBN 978-84-1110-516-3.
- Nós nus (1997). Xerais. 90 páxs. ISBN 8483021269. Ed. de 2021, 80 páxs. ISBN 978-84-9121-912-5. ePub: ISBN 978-84-9121-925-5.
- A cousa vermella (2004). Espiral Maior. 134 páxs. ISBN 8495625903.
- Cráter (2011). Toxosoutos. 193 páxs. ISBN 9788415400042. En 2022, Faktoría K de libros, ISBN 978-84-16721-99-3, 216 páxs.
- Feliz Idade (2019). Ilustracións de Din Matamoro. Faktoría K de libros. 152 páxs. ISBN 978-84-16721-24-5.[7]
Ensaio
editar- Por un vocabulario galego do sexo. A terminoloxía erótica de Claudio Rodríguez Fer (1996). Positivas. 185 páxs. ISBN 8487783392.
- O lume vital de Claudio Rodríguez Fer (1999, 4-Cromía, e ampliado 2008). Follas Novas. 143 páxs. ISBN 9788485385461.
- Uxío Novoneyra. Lingua loaira (2005), Fundación Caixa Galicia. 205 páxs. ISBN 8496494179.
- Erótica Medieval Galaica: leda m'and'eu (2013). Toxosoutos. 164 páxs. ISBN 9788415400912.
- No principio foi o pracer (2017), Unión Libre.
Edicións
editar- Unha tempada no paraíso de Claudio Rodríguez Fer (2010, Toxosoutos).
Obras colectivas
editar- dEfecto 2000. Antoloxía de poetas dos 90 (1999, Letras de Cal).
- Magnalia (2000, Espiral Maior). Con Xoán Abeleira.
- Novas voces da poesía galega: recital (2000, Consello da Cultura Galega).
- Das sonorosas cordas (2005, Eneida Madrid).
- Guerra Civil e Literatura Galega (1936-1939) (2006, Xerais).
- Monocromos (2006, Luis Burgos Arte del Siglo XX, Madrid). Con colaxes de Concetto Pozatti. Edición bilingüe galego-castelá.
- Poemas pola memoria (1936-2006) (2006, Xunta de Galicia).
- Volverlles a palabra. Homenaxe aos represaliados do franquismo (2006, Difusora).
- Do amor e da literatura (2007, Linteo, Ourense). Con Carmen Blanco e Claudio Rodríguez Fer.
- Educación e Paz III. Literatura galega pola Paz (2008, Xerais).
- Letras novas (2008, Asociación de Escritores en Lingua Galega).
- En defensa do Poleiro. A voz dos escritores galegos en Celanova (2010, Toxosoutos).
- Erato bajo la piel del deseo (2010, Sial Ediciones).
- Poemas para Carmen Blanco (2010, Libros da Cebra).
- Poetas con Valente (2010, Universidade de Santiago de Compostela).
- Urbano. Homenaxe a Urbano Lugrís (2011, A Nave das Ideas).
Premios
editar- Premio Losada Diéguez de creación Literaria no 1998, polo poemario Nós nus.
- Premio Literario Ánxel Fole no 2004, por Uxío Novoneyra. Lingua loaira, que incluía textos inéditos do poeta.
- O Patronato da Cultura Galega de Montevideo dedicoulle o Día da Poesía Galega 2004.
- Premio da Crítica española do 2011 por Cráter.
- Premio de Historia Medieval de Galiza e Portugal no 2012, por Leda m' and' eu. Poética erótica medieval galaica: á procura da nosa intrahistoria.
- Premio da Crítica de poesía galega do 2019 por Feliz idade.[8]
- Premio Nacional de Poesía 2020 do Ministerio de Cultura por Feliz idade.[9]
Obra en castelán
editarTraducións
editar- El contradiscurso de las mujeres. Historia del proceso feminista, de Carmen Blanco (1997, Nigra).
- Vidas imaginarias, de Marcel Schwob.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 "Olga Novo". www.barcelonareview.com (en castelán). Consultado o 11/3/2019.
- ↑ "Unión libre - Cadernos de vida e culturas". www.unionlibre.org. Ediciós do Castro. Consultado o 11/3/2019.
- ↑ "Ficha do autor". Biblioteca Virtual Galega. Arquivado dende o orixinal o 18/04/2021. Consultado o 11/3/2019.
- ↑ "Olga Novo afirma que leva con orgullo o seu pobo "guímaro" alá onde vai" El Progreso, 31/8/2010.
- ↑ "Feliz idade". www.kalandraka.com. Arquivado dende o orixinal o 13 de decembro de 2019. Consultado o 2019-12-10.
- ↑ "Claustro de profesorado do IES A Pinguela IES A Pinguela". www.edu.xunta.gal. Consultado o 2024-07-21.
- ↑ Novo, Olga (29 de marzo de 2019). “A literatura pertence ao dominio da cáscara estética da linguaxe, pero a vida está máis alá e máis dentro. A Poesía é Amor ou non é nada”. Praza Pública. Entrevista con Montse Dopico. Consultado o 1 de abril de 2019.
- ↑ "Berta Dávila y Olga Novo, Premios de la Crítica 2019". La Voz de Galicia. 2020-09-27. Consultado o 2020-09-27.
- ↑ Redacción (15 de outubro de 2020). "Olga Novo gana el Premio Nacional de Poesía 2020". eldiario.es (en castelán). Consultado o 8 de novembro de 2024.