Claudio Rodríguez Fer

profesor e escritor galego

Claudio Rodríguez Fernández, coñecido como Claudio Rodríguez Fer, nado en Lugo o 6 de abril de 1956, é un profesor e escritor galego que cultiva a poesía, a narrativa, o teatro, o estudo, o ensaio e o guión para audiovisuais.

Infotaula de personaClaudio Rodríguez Fer

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento6 de abril de 1956 Editar o valor em Wikidata (68 anos)
Lugo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoeta , narrador Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Santiago de Compostela
Université de Bretagne-Sud (pt) Traducir
Universidade de Rennes II Alta Bretanha (pt) Traducir
Universidade da Cidade de Nova York
Universidade de París Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoPoesía, ensaio e narración Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeCarmen Blanco García Editar o valor em Wikidata
Premios

Bitraga: 2665 Dialnet: 167294
Claudio Rodríguez Fer, 2022.

Traxectoria editar

 
Claudio Rodríguez Fer e Carmen Blanco García, 2022.

Comezou a escribir poesía xa de rapaz baixo a influencia de seu pai, un home progresista, súa nai mestra e coa lectura dos abundantes libros que tiña súa tía. En 1966 comezou o bacharelato no Instituto Masculino de Lugo e, en 1970, a súa militancia antifranquista no movemento estudantil. Tamén comezou a colaborar regularmente en El Progreso de Lugo, con artigos e críticas de cine. Tamén inicia o seu labor cine-clubístico organizando exhibicións universitarias e redactando folletos para o Club Cultural Valle-Inclán e o Cine-Club Marcos da Portela[1]. Desde 1974 (ese curso universitario comezou en xaneiro e rematou no verán), estudou Filoloxía Hispánica no Colexio Universitario de Lugo e, a partir de 1976, na facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela, licenciándose en 1978. Axiña aprobou as oposcións de profesor agregado de Lingua e Literatura Españolas de ensinanza media por oposición libre en Salamanca e catedrático das mesmas materias por oposición libre en Madrid[2], exercendo en Lugo, Santiago de Compostela e Chantada.

Exercendo na USC no Departamento de Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística, área de Literatura Española, foi nomeado director da Cátedra Valente de Poesía e Estética, onde custodia o arquivo e a biblioteca persoais doados polo autor ourensán[3], e codirixe a revista de investigación Moenia[4]. Foi profesor das Universidades da Cidade de Nova York, de París-Est Marne-La Vallée, da Alta Bretaña en Rennes e da Bretaña Sur en Lorient.[5]

A súa tese de doutoramento (1990, USC) titulouse A literatura galega en Galicia durante a guerra civil[6] e deu orixe a diversos libros[Cómpre referencia]. Coordina con Carmen Blanco García Unión Libre, Cadernos de vida e culturas,[7] e promoveu a Asociación para a Dignificación das Vítimas do Fascismo.[8]

Deuse a coñecer cos pioneiros poemarios eróticos, enmarcados na natureza e nas cidades de Galicia, Poemas de amor sen morte (1979), Tigres de ternura (1981)[9], Historia da lúa (1984), A boca violeta (1987) e Cebra (1988)[10], libros reunidos en Vulva (1990) e antologados en A muller núa (1992), catro deles ilustrados por Carmen Blanco García. A eles seguiron outros máis nómades, a miúdo escritos fóra de Galicia, mais igualmente caracterizados por un vitalismo erótico radicalmente libertario e pola súa conexión co concepto surrealista do amour fou, así como por ser ilustrados por Sara Lamas: Extrema Europa (1996), A unha muller descoñecida (1997), Viaxes a ti (2006) e Unha tempada no paraíso (2010), este cunha ampla introdución de Olga Novo.

A súa temperá conexión co cine orixinou Cinepoemas (1983, ampliado en 2016 con edición gráfica de Cristina Fiaño), e a súa paixón pola música motivou A muller sinfonía (Cancioneiro vital) (2018). Tamén realizou e publicou mostras de poesía visual, como Criptografías (2018, con prefacio de Antonio Gamoneda, labor reunido na exposición antolóxica na Fundación Granell Corpoética (2018)[11], cuxo catálogo se publicou con textos de Lily Litvak, Olga Novo, Manuel Fernández Rodríguez e Antonio Gamoneda e deseño de Cristina Fiaño. No Centro de Arte Moderna de Madrid expuxo Corpoética infinita (2019). Con obras do multiartista Eugenio Granell realizou o libro de artista Rastros de vida e poesía (2000) e Icebergs (Micropoemas reunidos) (2015).

Lugo blues (1987), con fotos de Eduardo Ochoa, A loita continúa (2004) e Ámote vermella (2009),[12] con gravados de Sara Lamas,[13] compoñen a súa triloxía poética sobre, respectivamente, a memoria histórica da súa cidade natal, de Galicia e da muller libre e represaliada.

Reuniu toda a súa obra poética verbal (os seus doce primeiros libros) en Amores e clamores (2011)[14], obra subdividida en "Ciclo Vulva", "Triloxía da memoria" e "Ciclo nómade", e toda a súa obra narrativa en Contos e descontos (2011)[15], incluíndo os inéditos "Prometeo adolescente" e "O neno que non quería ir á guerra", así como os xa publicados Meta-relatos (1988), con fotos de Eduardo Ochoa, e Os paraísos eróticos (2010)[16], con debuxos de Sara Lamas. Tras viaxar por Romanía publicou o poemario ADN do infinito (2021), ilustrado por Sara Lamas.

Así mesmo, dirixiu diversos congresos e encontros e participou en decenas de actas, enciclopedias e revistas europeas e americanas, tendo intervido publicamente en espazos culturais e universitarios de Europa, América e África. Entre outros recoñecementos, no campo da poesía, recibiu o Premio da Crítica Española por Tigres de ternura (1981)[17] e o Día da Poesía Galega 2016 do Padroado da Cultura Galega de Montevideo (Uruguai)[18]; no campo da investigación, por dúas veces o Premio Antón Losada Diéguez, concretamente por Poesía galega e por A literatura galega durante a guerra civil; no campo académico, o Premio Extraordinario de Doutoramento da Universidade de Santiago de Compostela e o doutoramento honoris causa da Universidade da Alta Bretaña en Rennes,[19] e, no campo cívico, a Presidencia de Honra da Asociación Memoria do Exilio dos Republicanos Españois en Brest e o Premio Galiza Mártir da Fundación Alexandre Bóveda.

Foi traducido a numerosos idiomas en antoloxías e revistas de linguas románicas, xermánicas, eslavas e orientais, así como en edicións exentas, como, en castelán, Icebergs (Micropoemas reunidos) (2015) e Anarquista o nada (Poemas de la memoria libertaria) (2016); en inglés, Tender Tigers (2012), Rosalía’s Revolution in New York (2014), Deathless Loves (2015) e New York, New Poems (2022); en francés Voyages à toi (2008), La pièce bretonne (2014), Les amours profonds (2016) e Dialogues impossibles (2018); en italiano, L'ansia di avere le ali (2015); en grego, Πύλες απειράριθμες (2017); en bretón, Muioc'h kalz eget mil bloaz (2000); en romanés, Dincolo de pădure (2018); en catalán, Bellesa o barbàrie (2019); en portugués, Uma temporada no paraíso (2019) etc. O seu poema "A cabeleira",[20] sucesivamente reeditado en edicións políglotas, foi traducido a máis de sesenta linguas en A cabeleira multilingüe (2017), mais tamén existe edición políglota do seu poema Pai meu (Amén, camarada) (2017). O mesmo poeta introduciu e traduciu Musgo / Moss, de Emily Dickinson (2015).

Foi obxecto de tres libros: Por un vocabulario galego do sexo. A terminoloxía erótica de Claudio Rodríguez Fer (1996, Ed. Positivas) e O lume vital de Claudio Rodríguez Fer (1999[21] e ampliado 2008), de Olga Novo, quen tamén o analizou na introdución de Unha tempada no paraíso, e Os mundos de Claudio Rodríguez Fer (1998, Ed. do Castro) de Natalia Regueiro.

É parella de Carmen Blanco García, con quen ten unha filla, Mariña.[22]

Obra editar

Poesía editar

Narrativa editar

Estudo e ensaio editar

  • A Galicia misteriosa de Ánxel Fole (1981). Sada: Ediciós do Castro.
  • Antonio Machado e Galicia (1989). Sada. Ediciós do Castro.
  • Poesía galega: crítica e motodoloxía. (1989). Vigo: Xerais. 456 páxs. ISBN 9788475073996.
  • Arte literaria (1991). Vigo: Xerais. 176 páxs. ISBN 9788475075334.
  • José Ángel Valente (1992). Madrid: Taurus. 376 páxs. ISBN 9788430602612. En castelán.
  • A literatura galega durante a guerra civil (1994). Vigo: Xerais. 300 páxs. ISBN 9788475078588.
  • Material Valente (1994). Gijón: Ed. Júcar. 336 páxs. ISBN 9788433483140. En castelán.
  • Acometida atlántica. Por un comparatismo integral (1996). Sada: Ediciós do Castro. 324 páxs. ISBN 978-8474928006.
  • Ánxel Fole, 1903-1986. Unha fotobiografía (1997). Vigo: Xerais. 176 páxs. ISBN 9788483021163.
  • Ánxel Fole. Vida e obra (1997). Vigo: Xerais. 112 páxs. ISBN 978-84-8302-084-5.
  • Guía de investigación literaria (1998). Gíjón: Júcar. ISBN: 84-334-0547-0. En castelán.
  • Borges dende o labirinto galego (2008). A Coruña: Xunta de Galicia. Colección Miradas Alleas, nº 1.
  • Valente: el fulgor y las tinieblas (2008). Lugo: Axac. ISBN 9788493549572. En castelán.
  • Meus amores celtas (2010). Sada: Ediciós do Castro. Libro de memorias.
  • Valente vital (Galicia, Madrid, Oxford) (2012). Cátedra Valente, Universidade de Santiago de Compostela.
  • Borges y todo (Escepticismo y otros laberintos) (2013). Del Centro Editores. En castelán. Edición aumentada en 2023.
  • Valente vital (Ginebra, Saboya, París) (2014). Cátedra Valente, Universidade de Santiago de Compostela. En castelán.
  • Valente vital (Magreb, Israel, Almería) (2017). Cátedra Valente, Universidade de Santiago de Compostela. En castelán.
  • Valente infinito (Libertad creativa y conexiones interculturales) (2018). Cátedra Valente, Universidade de Santiago de Compostela. En castelán.
  • Valente epistolar (Correspondencia de José Ángel Valente con sus amistades) (2021). Cátedra Valente, Universidade de Santiago de Compostela. En galego, castelán, inglés, francés e italiano.
  • Santiago Marcos, poeta topo contra el fascismo (2023). Barcelona: El Viejo Topo. En castelán.[31] [32]

Edicións editar

Obras colectivas editar

Premios e recoñecementos editar

Notas editar

  1. "Claudio Rodríguez Fer". bvg.udc. Consultado o 21/12/2018. 
  2. "Claudio Rodríguez Fer". Galicia Dixital. Consultado o 20/12/2018. 
  3. "Cátedra José Ángel Valente de Poesía e Estética". usc.es. Consultado o 20/12/2018. 
  4. "Moenia". usc.es. Consultado o 20/12/2018. 
  5. "O poeta e profesor da USC Claudio Rodríguez Fer ofrece dous relatorios nas universidades de Alta Bretaña e París". Xornal da USC. 22/03/2017. Arquivado dende o orixinal o 21/12/2018. Consultado o 21/12/2018. 
  6. "A literatura galega en Galicia durante a guerra civil". minerva.usc.es. Consultado o 27/01/2019. 
  7. Unión libre. Cadernos de vida e culturas
  8. "Asociación para a Dignificación das Vítimas do fascismo". Nome e Voces. Arquivado dende o orixinal o 30/11/2021. Consultado o 21/12/2018. 
  9. crtvg.es (11/11/12). Claudio Rodríguez Fer presenta a reedición bilingüe do poemario “Tigres de ternura” (crtvg). 
  10. Axeitos, Xosé Luís (1, 1990). "O Poema "Cebra" de Claudio Rodríguez Fer : o erotismo como forma de coñecemento". Boletín Galego de Literatura. 
  11. "Claudio Rodríguez Fer. Corpoética". laventanadelarte.es. Consultado o 21/12/2018. 
  12. "«Ámote vermella», crítica en «Nós»". blog.xerais. Arquivado dende o orixinal o 28/05/2020. Consultado o 24/04/2020. 
  13. "Ficha do autor". xerais.gal. Arquivado dende o orixinal o 21/12/2018. Consultado o 21/12/2018. 
  14. Nicolás, Ramón. "Amores e clamores, de Claudio Rodríguez Fer". cadernodacritica. Consultado o 21/12/2018. 
  15. Nicolás, Ramón. "Contos e descontos, de Claudio Rodríguez Fer". cadernodacritica. Consultado o 21/12/2018. 
  16. Nicolás, Ramón. "Os paraísos eróticos, de Claudio Rodríguez Fer". cadernodacritica. Consultado o 21/12/2018. 
  17. "Presentación do libro bilingüe Tigres de Ternura / Tender Tigers de Claudio Rodríguez Fer". usc.es. 27/11/2012. Consultado o 21/12/2018. 
  18. "O Padroado da Cultura Galega de Montevideo dedica o Día da Poesía Galega ao autor lugués Claudio Rodríguez Fer". Xornal da USC. 17/11/2016. Arquivado dende o orixinal o 21/12/2018. Consultado o 21/12/2018. 
  19. 19,0 19,1 Cristina Fiaño, «Claudio Rodríguez Fer, doutor Honoris Causa pola Universidade da Alta Bretaña: "A interculturalidade forma parte esencial do meu pensamento e da miña obra"» Arquivado 17 de xuño de 2012 en Wayback Machine. (entrevista), "Xornal da USC", 15-5-2012.
  20. "O autor". acabeleira.com. Consultado o 21/12/2018. 
  21. Novo, Olga (1999). O lume vital de Claudio Rodríguez Fer. L. Follas Novas. ISBN 84-85385-33-0. 
  22. Barrera, Feliciano, ed. (2002). "Rodríguez Fer, Claudio". Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). Santiago de Compostela: El Correo Gallego. p. 501. ISBN 84-8064-113-4. 
  23. "Unión Libre" (PDF). unionlibro.org. 
  24. "«Cinepoemas», el niño de Lugo que recibía cartas de Gregory Peck". La Voz de Galicia (en castelán). 2021-10-06. Consultado o 2021-10-16. 
  25. Nicolás, Ramón (2024-02-23). "«Lugo Blues», un clásico reeditado e renovado". La Voz de Galicia. Consultado o 2024-02-23. 
  26. Requeixo, Armando (2024-03-02). "A medida do noso corazón - Lugo Blues". Tempos Novos. Consultado o 2024-03-03. 
  27. Isma. "Plataforma temática sobre Galicia en Internet". www.galiciadigital.com. Consultado o 2021-12-02. 
  28. Nicolás, Ramón (2021-12-29). "ADN do infinito e outros textos, de Claudio Rodríguez Fer". Caderno da crítica. Consultado o 2022-07-29. 
  29. Requeixo, Armando (24 de xullo de 2022). "A poética neoiorquina de Rodríguez Fer". Letras Atlánticas, Suplemento. 
  30. Arias Cachero, Patricia (outubro, novembro, decembro, 2023). "70 formas de dicir cabelo". Grial LXI (240): 82–83. ISSN 0017-4181. 
  31. Isma. "Plataforma temática sobre Galicia en Internet". www.galiciadigital.com (en castelán). Consultado o 2023-06-12. 
  32. "La historia oculta del poeta topo y sus versos contra los matones franquistas". www.publico.es. 2024-01-05. Consultado o 2024-01-06. 
  33. "CLAUDIO RODRÍGUEZ FER E CARMEN BLANCO RECIBEN O ‘GALICIA MÁRTIR’ POLO SEU TRABALLO A PROL DA RECUPERACIÓN DA MEMORIA HISTÓRICA". fceer.org. 01/09/2014. Consultado o 21/12/2018. 
  34. "Claudio Rodríguez Fer recibe a Medalla Miahai Eminescu “polos méritos da súa actividade cultural nacional e mundial” Universidade de Santiago de Compostela". www.usc.gal. 2023-06-28. Consultado o 2023-06-28. 
  35. "Claudio Rodríguez Fer, Cunqueiriano de Honra este 2024". La Voz de Galicia. 2024-02-10. Consultado o 2024-02-11. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar