José Ángel Valente

escritor español

José Ángel Valente Docasar, nado en Ourense o 25 de abril do 1929 e finado en Xenebra (Suíza) o 18 de xullo do 2000,[1] foi un poeta e ensaísta galego. A inmensa maioría da súa obra poética escribiuna en castelán, estando a súa produción en lingua galega restrinxida a dous libros: Sete cántigas de alén (1981) e Cántigas de alén (1989). Recibiu o Premio Príncipe de Asturias das Letras (1988) e o Premio Nacional de Poesía de España (1993 e, a título póstumo, no 2001).

José Ángel Valente
Medalla Castelao Icona vectorial.svg
Jose Angel Valente.jpg
Nacemento25 de abril de 1929
 Ourense
Falecemento18 de xullo de 2000
 Xenebra
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade Complutense de Madrid
Ocupaciónescritor, tradutor e poeta
CónxuxeEmilia Palomo, Coral Gutiérrez
Xénerospoesía, ensaio, crítica, tradución
Profesiónmestre
PremiosPremio Príncipe de Asturias. Premio Nacional de Poesía. Premio Raíña Sofía de Poesía Iberoamericana.
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Tras pasar a infancia e a adolescencia na cidade das Burgas iniciou a carreira de Dereito na Universidade de Santiago de Compostela, licenciándose posteriormente en Filoloxía Románica pola Universidade Complutense de Madrid con premio extraordinario.[2] Foi lector de español na Universidade de Oxford e traballou logo como tradutor en diversos organismos internacionais, tanto en Xenebra (funcionario da ONU desde 195) coma en París (funcionario da UNESCO desde 1982).[3] Viviu en Ourense, Madrid, Oxford, Xenebra, París e na década de 1980 instalouse en Almería e continuou exercendo de docente como profesor visitante en centros universitarios estranxeiros. Ao final da súa vida alternou a súa residencia almeriense coa helvética.

O seu conto «El uniforme del general», incluído no volume Número trece, tróuxolle problemas coa ditadura franquista e foi sometido a un consello de guerra en 1972 acusado de alusións ofensivas a exército.

Estivo casado en primeiras nupcias durante case 30 anos coa súa compañeira da Facultade de Letras Emilia Palomo,​ coa que tivo catro fillos (un fillo e tres fillas) e en segundas, con Coral Gutiérrez (María Pilar Gutiérrez Sampedro).

Como poetaEditar

A súa carreira lírica empeza como integrante da Xeración dos 50 ou Xeración do medio século.[4] Na década dos 60 a súa poesía evoluciona a unha corrente denominada Poesía do silencio. Trátase dunha corrente profundamente mística que incorpora tradicións culturais e filosóficas de diversas procedencias, o que dá lugar a textos cada vez máis complexos. Os seus primeiros poemarios parten do realismo social, pero a súa obra foi evolucionando cara a un lirismo no que privan a meditación e a reflexión sobre os medios de expresión da poesía.[5]

Partindo sempre de realidades inmediatas ou experiencias interiores, consegue unha fondura existencial a través do místico, do elevado, mais sen caer en dogmas relixiosos nin asumindo explicitamente a existencia de ningunha deidade. O traballo da palabra ata deixala ateigada de suxestións, de posibilidades comunicativas, é outra das características da poesía de Valente.

En 1968 foi incluído na Antología de la nueva poesía española.[6]​ Desde 1966 a súa poesía evoluciona cara a formas moi persoais de expresión, que enlazan a súa obra coa de Edmond Jabès ou Paul Celan. Trátase dun radical esencialismo lírico moi influído pola mística sincrética, como a cábala xudaica, o sufismo e o misticismo cristián (fundamentalmente a través de figuras como San Juan de la Cruz ou Miguel de Molinos) entre outros. A súa aproximación á mística, con todo, afástase de calquera dogma relixioso e non postula necesariamente a crenza nunha divindade persoal. Esta entrada no misterio produciuse en gran parte baixo o maxisterio da pensadora malagueña María Zambrano.

Asimilando tendencias filosóficas e tradicións culturais históricas en poesía e prosa e tamén a través da música e a pintura, a escritura de José Ángel Valente é unha das máis ambiciosas e profundas da literatura española contemporánea, segundo a opinión de Gérard de Cortanze. En 2002 apareceu o volume Las ínsulas extrañas. Antología de poesía en lengua española (1950-2000), que Valente realizou en colaboración cos poetas Eduardo Milán, Sánchez Robayna e Branca Varela. As súas obras completas, en edición a cargo do segundo, están integradas por dous volumes: Poesía y prosa (2006) e Ensayos (2008), publicadas en Barcelona por Galaxia Gutenberg/Círculo de Lectores.

As súas traduciónss poéticas (Constantino Cavafis, Celan, John Donne, Manley Hopkins, Jabès, John Keats, Eugenio Montale, Benjamin Péret, Dylan Thomas) foron recompiladas en Cuaderno de versiones (2002), en edición de Claudio Rodríguez Fer. Traduciu tamén El extranjero de Albert Camus (Alianza Editorial).

É interesante apreciar a retroalimentación intertextual entre os seus ensaios críticos e a súa obra poética, ao fío das reflexións ontolóxicas sobre a natureza da arte, do ser e da orixe da vida, do ser humano e dos seres da creación. A súa poesía transcendente mira cara ao orixinario e o inmanente, fronte ao espírito materialista da sociedade posmoderna e postindustrial. Trátase dunha penetración nas capas da memoria, tanto a persoal como a colectiva, sen esquecer "o descenso polos infinitos estratos ou cámaras da palabra", segundo sinalou o propio poeta nun dos seus ensaios de autolectura.

Co título de Punto cero, recolleu a súa poesía en 1972 (incluíndo tamén reinta y siete fragmentos, non publicado solto ata 1989) e en 1980. Con posterioridade apareceu Material memoria, que recompila a súa obra poética a partir de 1979. Foi traducido ao francés, portugués, italiano, inglés, alemán, checo etc. A súa produción poética foi obxecto de diferentes antoloxías, e estudadas en distintos congresos, seminarios e coloquios tanto nacionais como internacionais. No inicio do século XXI realizouse un documental sobre a súa vida, obra e morte: El Lugar del poeta, que expón a significación que tivo Almería na vida de Valente, así como o seu paso polo mundo contado polas voces dos seus amigos e colaboradores.

A súa personalidade poética mantívose como unha das máis valoradas entre as da súa xeración e cunha poderosa influencia sobre as actuais correntes da poesía española.[7]

Como ensaístaEditar

Como ensaísta, destacan os seus libros Las palabras de la tribu (ensaios sobre literatura), La piedra y el centro e Variaciones sobre el pájaro y la red, unha serie de meditacións acerca de Miguel de Molinos, Santa Teresa e os pintores Matthias Grünewald ou OBosco. Póstumamente editouse La experiencia abisal, recompilación de ensaios escritos entre 1978 e 1999. Coordinou a edición do volume Hermenéutica y mística: San Juan de la Cruz (1995), en colaboración con José Lara Garrido. En 2002 editáronse os seus traballos críticos sobre arte co título Elogio del calígrafo. O seu Diario anónimo (2011), en edición de Andrés Sánchez Robayna, recolle interesantes notas e observacións de carácter persoal tanto sobre aspectos biográficos como literarios.

É autor de libros de arte en colaboración con pintores como Antonio Saura (Emblemas, 1978), Antoni Tàpies (El péndulo inmóvil, 1982), Paul Rebeyrolle (Desaparición Figuras, 1982) ou Jürgen Partenheimer (Raíz de lo cantable, 1991), así como coa fotógrafa Jeanne Chevalier (Calas, 1980).

Obra en castelánEditar

PoesíaEditar

  • A modo de esperanza (1955). Adonais. Premio Adonais.
  • Poemas a Lázaro (1960). Índice. Premio da Crítica de Cataluña.
  • Sobre el lugar del canto (1963). Barcelona: Colliure.
  • La memoria y los signos (1966). Madrid, Revista de Occidente. Reeditado por Huerga y Fierro editores, 2004.
  • Siete representaciones (1967). Barcelona: El Bardo.
  • Breve son (1968). Barcelona: El Bardo.
  • El inocente (1970). México: Joaquín Mortiz.
  • Presentación y memorial para un monumento (1970). Madrid: Poesía para Todos.
  • Punto cero (1972). Barcelona: Barral. Poesía completas.
  • El fin de la edad de plata (1973).
  • Interior con figuras (1976). Barcelona: Ocnos-Barral.
  • Material memoria (1979). Barcelona: La Gaya Ciencia.
  • Estancias (1980). Madrid: Entregas de la Ventura
  • Tres lecciones de tinieblas (1980). Barcelona: La Gaya Ciencia. Premio da Crítica de España.
  • Mandorla (1982). Madrid: Cátedra.
  • Nueve enunciaciones (1982).
  • Tránsito (1982).
  • El fulgor (1984). Madrid, Cátedra.
  • Nueve poemas (1986).
  • Al dios del lugar (1989). Barcelona: Tusquets.
  • Treinta y siete fragmentos (1989).
  • No amanece el cantor (1992, Tusquets).
  • Fragmentos de un libro futuro (2000). Barcelona: Círculo de Lectores.
  • Hibakusha (1997). Edición ao coidado de Nieves Agraz e Javier Carmona. Ediciones Jábega.
  • Palais de Justice (2014). Edición de Andrés Sánchez Robayna. Galaxia Gutenberg, 2014 (de acordo cos desexos do poeta, foi publicado só despois da morte da súa primeira esposa, Emilia Polomo, acaecida o 05.03.2013).​

EnsaioEditar

  • Las palabras de la tribu (1971). Siglo XXI.
  • La piedra y el centro (1991). Tusquets.

Obra en galegoEditar

PoesíaEditar

Cátedra José Ángel Valente de Poesía e EstéticaEditar

A Cátedra de Poesía e Estética José Ángel Valente creouse tras a doazón de 7.000 libros realizada polo poeta galego á Universidade de Santiago de Compostela (que o nomeou Doutor Honoris Causa en 1999) do seu arquivo e biblioteca persoais. En consecuencia, a primeira función da Cátedra é a custodia, catalogación e estudo do importante material doado, así como a organización de actos e a publicación de obras relacionadas co legado recibido. Con todo, a actuación da Cátedra, denominada de Poesía e Estética por desexo do propio escritor, está aberta ás múltiples conexións interdisciplinares e interartísticas que a obra de Valente establece coa poesía e coa estética en xeral.[10]​ O Reitorado nomeou como director inicial da Cátedra ao por entón tamén director do Departamento de Literatura Española, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral, Luís Iglesias Feijoo e, como secretario, a Claudio Rodríguez Fer, estudoso e amigo de Valente, que é o seu director desde 2005.

PremiosEditar

NotasEditar

  1. Víctor Moreno, María E. Ramírez, Cristian de la Oliva, Estrella Moreno et al (19/6/2003). "Biografía de José Ángel Valente (Su vida, historia, bio resumida)". www.buscabiografias.com (en castelán). 
  2. "José Ángel Valente". Círculo de Bellas Artes (en castelán). Consultado o 2021-01-03. 
  3. "Biografía: José Ángel VALENTE DOCASAR". www.dipalme.org. Consultado o 2021-01-03. 
  4. "Biografía español. José Ángel Valente, poeta, ensayista, crítico traductor español. Biblioteca español. Instituto Cervantes". www.cervantes.es. Consultado o 2021-01-03. 
  5. "Biografia de José Ángel Valente". www.biografiasyvidas.com. Consultado o 2021-01-03. 
  6. Batlló, José (1968). Antología de la Nueva Poesía Española. Ciencia Nueva. 
  7. "BIOGRAFÍA de JOSE ANGEL VALENTE". www.islabahia.com. Consultado o 2021-01-03. 
  8. "Cántigas de alén". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 01 de xuño de 2020. Consultado o 2019-07-04. 
  9. Martínez-Falero, Luis. "Las Cántigas de alén de José Ángel Valente: tradición y ruptura de la poesía gallega". revistas.ucm.es. Consultado o 02/01/2021. 
  10. "Presentación - Cátedra José Ángel Valente de Poesía e Estética - USC". www.usc.gal. Consultado o 2021-01-03. 

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Lázaro, F. e Tusón, V. (1982) Literatura española. Ed. Anaya

Ligazóns externasEditar