John Donne, nado en Londres o 22 de xaneiro de 1572[1] e finado na mesma cidade o 31 de marzo de 1631[2] foi o máis importante poeta metafísico inglés das épocas da raíña Isabel I (1559-1603), o rei Xacobe I (1603-1625) e o seu fillo Carlos I (1625-1642). A súa obra inclúe: poesía amorosa, relixiosa, traducións, epigramas, elexías segundo a tradición de imitación dos Amores de Ovidio (é dicir, en realidade son poemas de amor), cancións e sermóns en prosa.

Modelo:BiografíaJohn Donne

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento24 de xaneiro de 1572 ↔ 19 de xuño de 1572 Editar o valor en Wikidata
Londres, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Morte31 de marzo de 1631 Editar o valor en Wikidata (58/59 anos)
Londres, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Causa da mortecancro de estómago Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCatedral de San Paulo de Londres Editar o valor en Wikidata
Membro do Parlamento do Reino de Inglaterra

Lexislatura: Addled Parliament (en) Traducir
Member of the 1601 Parliament (en) Traducir

Circunscrición electoral: Brackley (en) Traducir
Member of the 1614 Parliament (en) Traducir

Circunscrición electoral: Taunton (en) Traducir
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónAnglicanismo Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Cambridge Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFiction (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpoeta, político, escritor, ministro anglicano, compositor de cancións, tradutor, avogado, xurista Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoMetaphysical poets (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
Arquivos en
Familia
CónxuxeAnne More Editar o valor en Wikidata
FillosConstance Donne, John Donne, George Donne, Bridget Donne, Margaret Donne, Elizabeth Donne Editar o valor en Wikidata
PaisJohn Donne Editar o valor en Wikidata  e Elizabeth Heywood Editar o valor en Wikidata
ParentesJasper Heywood, tío Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fontePequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Encyclopædia Britannica Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0232642 BNE: XX909849 Musicbrainz: e13b7fef-96cd-41b9-a397-b35135844509 Discogs: 796342 IMSLP: Category:Donne,_John WikiTree: Donne-48 Find a Grave: 1942 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

A obra do mozo Donne é notable polo seu estilo realista e sensual, e inclúe moitos poemas e cancións, así como versos satíricos; a linguaxe vibrante e o complicado das súas metáforas distíngueo dos seus predecesores e a maioría dos seus coetáneos. Izaak Walton, o seu primeiro biógrafo, descríbeo como un mozo libertino. Con todo, os eruditos cren que esta pode ser máis ben a imaxe dada por un Donne xa vello e eclesiástico; unha maneira de separar o mellor posible o mozo impúdico do sacerdote serio e maduro. Despois de estudar teoloxía, converteuse ao anglicanismo na década de 1590.

Obtivo o posto de secretario de Sir Thomas Egerton, un destacado membro da corte, pero namorouse de Anne More, a sobriña de Egerton, casando con ela en segredo en 1601. Tiveron doce fillos, dos cales só sete chegaron á idade adulta. O matrimonio secreto sen contar co consentimento do pai de Anne More significou que Donne tivo que esquecer calquera esperanza de progreso na súa carreira profesional: cando o seu sogro se decatou do que pasara, usou a súa influencia para meter no cárcere a Donne e dous dos seus amigos, dos cales un oficiara a cerimonia e o outro servira de testemuña. Con todo, non permaneceron presos por moito tempo. Egerton despediu a Donne, quen se converteu en membro do parlamento polo distrito de Brackley ese mesmo ano. Durante esta época escribiu os seus dous “Aniversarios”: An Anatomy of the World (1611) e Of the Progress of the Soul (1612). Ambos os poemas revelan a súa confianza na orde das cousas de tradición medieval e do primeiro Renacemento, en contraste coa incerteza política, científica e filosófica que trouxo a segunda metade do Renacemento e o comezo do s. XVII.

Ao saír do cárcere Donne reuniuse co seu sogro e a súa esposa e establecéronse nun terreo do primo desta no condado de Surrey. A parella pasou moitas dificultades económicas ata que en 1609 Donne recibiu o dote da súa esposa ao reconciliarse co seu sogro. A súa crecente familia obrigouno a buscar os favores do rei, polo que, entre 1610 e 1611, escribiu dúas pezas en contra do catolicismo, Pseudo-Martyr e Ignatius his Conclave, a pesar de que moitos membros da súa familia, entre eles a súa nai, aínda eran católicos. No segundo título faise referencia a Galileo e parece ser a primeira vez que o seu nome aparece nun texto literario inglés. Ao rei Xacobe compracérono ambos os textos, pero negouse a ofrecerlle outra cousa que non fosen cargos eclesiásticos. Donne resistiuse a aceptalos mais, despois dun longo período de penurias económicas e de loita consigo mesmo, durante o cal foi dúas veces membro de parlamento (en 1601 e 1614), finalmente cedeu aos desexos do rei e foi ordenado sacerdote anglicano en 1615. A súa poesía adquiriu un ton máis profundo tras morrer a súa esposa Anne o 15 de agosto de 1617; especialmente os que se consideran como os seus "sonetos sacros" (Holy Sonnets).

 
Monumento a John Donne na catedral de San Paulo de Londres.

Despois de asumir o seu cargo, Donne escribiu un gran número de traballos relixiosos, como Devotions Upon Emergent Occasions (1624) e varios sermóns, moitos dos cales foron publicados en vida e dos que se conservan 160. Considerábaselle un mestre da elocuencia e o seu estilo único axudouno a converterse nun dos máis grandes predicadores dos seus tempos. En 1621, Donne foi nomeado deán da catedral de San Paulo, a antiga catedral gótica de Londres destruída no incendio de 1666, cargo que ocupou até a súa morte. Contraeu unha grave enfermidade en 1623, durante a cal escribiu a súa obra Devotions Upon Emergent Occasions. É moi coñecida a historia da súa morte: ao parecer o día antes de morrer deu un sermón que moitos dixeron foi o sermón do seu propio funeral. O sermón interrompeuno para recitar un discurso chamado Death's Duell, unha obra mestra da prosa inglesa do Século XVII. Logo retirouse á súa cámara e mandou facer un retrato seu para o que posou envolvido na mortalla coa que o enterraron trala súa morte acontecida unhas semanas despois, o 31 de marzo de 1631,

Foi sepultado na catedral de San Paulo. O monumento orixinal , escoltado por Nicholas Stone, salvouse do incendio e está hoxe na nova catedral.

Estilo

editar
 
Retrato anónimo de arredor de 1595. National Portrait Gallery

A John Donne considéraselle un mestre do "concepto" (conceit), que combina un obxecto (a imaxe) e unha idea (o significado) formando así unha metáfora, xeralmente establecendo unha relación sorprendente polo estraña e ás veces peregrina entre ambos os elementos. En moitos dos seus textos, os conceptos están encadeados uns cos outros dando lugar así ao que normalmente se denomina "concepto estendido" (extended conceit) Ao contrario das metáforas doutros poetas isabelinos, atados ao estilo de Petrarca, que de forma monótona repiten as metáforas petrarquistas (como a rosa polo rubor das fazulas, as perlas polos dentes, os lirios ou a neve pola blancura da pel ou os fíos de ouro polos cabelos), as metáforas usadas polos poetas metafísicos logran unha maior profundidade ao relacionar obxectos completamente distintos con ideas tamén novas. Un exemplo famoso pode sacarse de A Valediction: Forbidding Mourning, onde Donne expresa a separación de dous amantes coa imaxe das patas dun compás. A súa poesía tamén mostra unha gran predisposición pola experimentación métrica.

A poesía de Donne caracterízase polo seu notable enxeño, o responsable dos conceptos novos, os paradoxos, xogos de palabras e sutís e brillantes analoxías. Os seus poemas adoitan ser irónicos e cínicos, sobre todo cando trata os motivos do home e o amor nos poemas presuntamente escritos nos seus anos de mocidade. Temas comúns nos seus poemas son o amor verdadeiro que une os amantes fieis, a morte (especialmente na súa mocidade e tras morrer a súa esposa) e a relixión.

Poesía

editar
 
Martin Droeshout, Retrato póstumo de John Donne envolvido na súa mortalla. Gravado, talla doce, 1632.
  • Poems (1633). Os seus poemas circularon en versións manuscritas entre os seus amigos e coñecidos, pero non se publicaron en forma de libro até despois da súa morte na edición preparada polo seu fillo John en 1633.
  • Poems on Several Occasions (1719)
  • Love Poems (1905)
  • John Donne: Divine Poems, Sermons, Devotions and Prayers (1990)
  • The Complete English Poems (1991)
  • John Donne's Poetry (1991)
  • John Donne: The Major Works (2000)
  • The Complete Poetry and Selected Prose of John Donne (2001)
  • Six Sermons (1634)
  • Fifty Sermons (1649)
  • Paradoxes, Problemes, Essayes, Characters (1652)
  • Essayes in Divinity (1651)
  • Sermons Never Before Published (1661)
  • John Donne's 1622 Gunpowder Plot Sermon (1606)
  • Devotions Upon Emergent Occasions and Death's Duel (1623)

Veneración

editar

É venerado como santo pola Igrexa evanxélica luterana nos Estados Unidos e a Igrexa anglicana. A súa festividade conmemórase o 31 de marzo.

  1. Long, William J. (2013). English Literature: Its History and Significance for the Life of the English-Speaking World. Start Classics. ISBN 978-1-62793-876-1. 
  2. Colclough, "Donne, John (1572–1631)", Oxford Dictionary of National Biography, Oxford University Press, setembro de 2004; edición online, outubro de 2007 oxforddnb.com. Consultado o 18-5-2010

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar