National Portrait Gallery

museo de Londres

A National Portrait Gallery (en galego: Galería Nacional de Retratos) é un dos museos máis famosos de Londres. Non debe confundirse coa National Portrait Gallery de Washington, Estados Unidos.

National Portrait Gallery


Tipomuseo de arte, museo nacional e organismo público non departamental Editar o valor en Wikidata
Parte deNational Portrait Gallery Board of Trustees (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
EstiloNeorrenacemento Editar o valor en Wikidata
Persoas e organizacións
Director/aSandy Nairne (pt) Traducir, Nicholas Cullinan e Charles Saumarez Smith (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Arquitecto/aEwan Christian (pt) Traducir e Richard Allison (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Datas
Fundación1856 Editar o valor en Wikidata
Inauguración1856 Editar o valor en Wikidata
Localización
Mapa
 51°30′34″N 0°07′41″O / 51.5094, -0.1281
EstadoReino Unido
PaísInglaterra
RexiónsLondres
Condado cerimonialGran Londres
BoroughCidade de Westminster Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónSt Martin's Place (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
SedeLondres Editar o valor en Wikidata
EnderezoSt. Martin's Place, WC2H 0HE Editar o valor en Wikidata
Patrimonio cultural
Monumento clasificado como grao I
Data9 de xaneiro de 1970
Identificador1066285
Composto por
Contacto
Páxina WEBnpg.org.uk Editar o valor en Wikidata
Teléfono+44 20 7306 0055 Editar o valor en Wikidata
RedesFacebook: nationalportraitgallery Twitter: NPGLondon Instagram: nationalportraitgallery Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]

A súa colección está formada por retratos de personaxes destacados da historia; o edificio está construído xusto detrás da National Gallery.

Colección

editar

Foi fundada en 1856 co espírito vitoriano do idealismo e a educación a través do exemplo; o obxectivo da colección era reunir retratos dos grandes e poderosos de Gran Bretaña para que inspirasen a outros. A colección inclúe fotografías e pinturas, ademais de caricaturas, debuxos e esculturas. A National Portrait Gallery alberga, entre outros retratos famosos, o Retrato Chandos, posiblemente a imaxe máis coñecida de William Shakespeare.

Non todos os retratos son excepcionais artisticamente, como si o son os de Anton van Dyck ou os autorretratos de William Hogarth, Sir Joshua Reynolds e outros artistas británicos importantes. Outros, como un retrato de grupo dos participantes na conferencia de Somerset House de 1604, son importantes ao ser un documento histórico. Así, a miúdo, o valor dun traballo como curiosidade ou documento é maior que o seu valor artístico, como no caso do retrato anafórmico de Eduardo VI de William Scrots, ou unha escultura da Raíña Vitoria e o Príncipe Alberte con roupa medieval.

Nun principio, para que o retrato se incluíse na colección, o personaxe debía morrer. Na actualidade esta norma non se cumpre, e pódense ver retratos do xogador de fútbol Bobby Charlton, do príncipe Carlos de Inglaterra ou a súa nai a raíña Isabel II.

A Galería mudouse ao seu edificio actual, ao norte de Trafalgar Square, en 1896. O edificio foi deseñado por Ewan Christian nun estilo neo-renacentista, e construído por Shilliote & Son; foi ampliado en dúas ocasións. A primeira ampliación foi inaugurada por Lord Duveen en 1933, e trátase dunha á que percorre Orange Street; a segunda ampliación abriu en 2000 e foi realizada por Christopher Ondaatje. A á Ondaatje ocupa un espazo situado entre os edificios do século XIX da National Gallery e o edificio da National Portrait Gallery, e é notable pola súa escaleira mecánica de dous pisos que leva aos visitantes á parte máis antiga da colección, os retratos dos Tudor.

En xaneiro de 2008, a Galería recibiu a maior doazón da súa historia, 5 000 000 de libras, feita polo millonario estadounidense Randy Lerner.

Actualmente a colección da National Portrait Gallery está composta por uns 10 000 obxectos, entre cadros, esculturas, caricaturas e debuxos.

Directores

editar

Galería de obras

editar

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar