Hieronymus Bosch
Hieronymus Bosch, latinizado como Bosco será tamén coñecido como Jeroen Bosch ou polo nome real Jeroen van Aken, nado en 's-Hertogenbosch contra 1450 e finado en 's-Hertogenbosch en agosto de 1516, foi un prolífico pintor neerlandés.
Hieronymus Bosch | |
---|---|
![]() | |
Nome | Jeroen van Aken |
Nacemento | c. 1450 |
's-Hertogenbosch | |
Falecemento | agosto de 1516 |
's-Hertogenbosch | |
Nacionalidade | Países Baixos do Sur |
Cónxuxe(s) | Aleyt Goyaerts van den Meerveen |
Movemento | Pintura do Renacemento. Escola dos Países Baixos |
Traballos | Véxase obras |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
TraxectoriaEditar
Naceu nunha familia de pintores holandeses e alemáns de certa importancia local, os van Aken,[1] viviu boa parte da súa vida en 's-Hertogenbosch, cidade florecente no século XV, no Ducado de Brabante (Brabant), no sur da actual Holanda. O 13 de xuño de 1463, arredor de 4000 casas da cidade ficaran destruídas por un pavoroso incendio, do que Bosch, cuns trece anos de idade, foi testemuña.[2]
Un feito importante na súa vida foi o casamento en 1480 ou 1481 con Aleid van der Mervenne que proviña dunha importante familia de comerciantes e que achegou unha casa preto da Casa do Concello, onde Bosch estableceu o seu taller e se converteu en pintor autónomo, e amizades dun importante nivel social.[3]
Foi un pintor popular e recibiu encargos incluso do estranxeiro. En 1488 afiliouse á Irmandade da Nosa Señora, unha confraría relixiosa conservadora, que agrupaba uns 40 individuos influentes de 's-Hertogenbosch e uns 7000 en toda Europa.
EstiloEditar
Moitas das súas obras describen o pecado e os fallos da moral humana. Bosch usaba imaxes de demos, animais semihumanos e máquinas que evocan o medo e a confusión que retratan a maldade do home. As obras súas conteñen un complexo, orixinal, imaxinativo e denso uso de figuras simbólicas e iconográficas, moitas das cales eran xa misteriosas e enigmáticas no seu tempo. Foi unha fonte de inspiración para o movemento surrealista do século XX[Cómpre referencia].
ObraEditar
Entre as súas obras máis coñecidas están:
- O carro de feo - (Museo do Prado, Madrid)
- O xardín das delicias - (Museo do Prado, Madrid)
- O Xuízo Final - (Akademie der Bildenden Künste, Viena)
- As tentacións de Santo Antonio - (Museo Nacional de Arte Antiga, Lisboa)
- Os sete pecados mortais - (Museo do Prado, Madrid)
- Nave dos Loucos - (Museo do Louvre, París)
- A morte e o avarento - (National Gallery of Art, Washington, D.C.)
GaleríaEditar
NotasEditar
Véxase taménEditar
BibliografíaEditar
- Fischer, Stefan (2019). El Bosco. La obra completa (en castelán). Colonia: Taschen. ISBN 978-3-8365-6189-1.