Premio Nacional de Poesía (España)

premio literario anual do Ministerio de Cultura

O Premio Nacional de Literatura na modalidade de Poesía é un premio literario de longa traxectoria que outorga anualmente o Ministerio de Cultura [1] de España.

O seu antecedente atópase no Concurso Nacional de Literatura creado pola Real Orden do Ministerio de Instrucción Pública e Belas Artes do 27 de setembro de 1922 (Gaceta de Madrid, 273, de 30 de setembro), que seguiu convocándose ata 1931.

Premia á mellor obra de poesía escrita por un autor español, en calquera das linguas españolas. As obras son propostas por un xurado de expertos e deben ser primeiras edicións publicadas en España no ano anterior ó da convocatoria. Está dotado con 20.000 euros.

Na súa etapa moderna, o Premio Nacional de Poesía foi gañado por catro galegos: José Ángel Valente (1993 e 2001), Manuel Álvarez Torneiro (2013), Pilar Pallarés (2019) e Olga Novo (2020). A Valente premiáronselle senllas obras en castelán; nos tres últimos casos premiáronse obras en galego.

GalardoadosEditar

NotasEditar

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar