Emilio Prados

escritor español

Emilio Prados Such, nado en Málaga o 4 de marzo de 1899 e finado en Cidade de México o 24 de abril de 1962, foi un poeta español, membro da Xeración do 27.

Infotaula de personaEmilio Prados

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento4 de marzo de 1899 Editar o valor em Wikidata
Málaga, España Editar o valor em Wikidata
Morte24 de abril de 1962 Editar o valor em Wikidata (63 anos)
Cidade de México Editar o valor em Wikidata
Membro fundador (pt) Traducir Litoral (Málaga)
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Ideoloxía políticaAntifascismo e Republicanismo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor , poeta , editor literario Editar o valor em Wikidata
Membro de
Xénero artísticoPoesía Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Cronoloxía
exilio Editar o valor em Wikidata

BNE: XX1032391 Dialnet: 326885 Find a Grave: 13204830 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

editar

En 1914 trasladouse a Madrid para estudar, e residiu na Residencia de Estudiantes, alí coñeceu a Juan Ramón Jiménez, que foi vital para a súa inclinación poética e máis tarde a Federico García Lorca, Salvador Dalí e Luis Buñuel entre outros.

En 1921 o agravamento dunha enfermidade pulmonar que padecía dende a infancia obrígao a acudir a sanatorio suízo para tratala, durante a súa reclusión aproveita para ler e escribir, trala súa recuperación en 1922 seguiu cursos nas universidades de Berlín e Friburgo, e en París coñeceu a Pablo Picasso.

En 1924 volta a Málaga, xunto a Manuel Altolaguirre fundou a revista literaria Litoral, e en 1925 convértese no editor da casa editorial Sur, onde foi o responsable da publicación de moitas das obras dos membros da Xeración do 27, durante a Segunda República Prados dedicou boa parte do seu tempo a actividades políticas ao tempo que escribía poesía comprometida.

Trala sublevación militar que dá comezo á guerra civil española, Prados marcha a Madrid e únese á Alianza de Antifascistas Españois, a súa recompilación de poesía de guerra, Destino fiel, gaña o Premio Nacional de Literatura en 1938. En 1938 trasládase a Barcelona e faise cargo, con Manuel Altolaguirre da editorial do Ministerio de Instrución Pública, trala vitoria franquista exiliase en París e en xullo de 1939 establécese en México.

Da súa produción no exilio destacan Jardín cerrado, Penumbras e Río natural, escritos entre 1940 e 1956, nelas a intriga amorosa é o único elemento que salva ao poeta da soidade, a morte e a desesperación.