Claudio Rodríguez

poeta español

Claudio Rodríguez García, coñedido como Claudio Rodríguez, nado en Zamora o 30 de xaneiro de 1934 e finado en Madrid o 22 de xullo de 1999, foi un poeta español. Enmarcado na Xeración do 50, recibiu ao longo da súa vida os máis importantes galardóns de poesía en España. Claudio Rodríguez foi valorado pola crítica como un dos máis brillantes da lírica española na segunda metade do século .

Infotaula de personaClaudio Rodríguez

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento30 de xaneiro de 1934 Editar o valor em Wikidata
Zamora, España Editar o valor em Wikidata
Morte22 de xullo de 1999 Editar o valor em Wikidata (65 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino de Romanía Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Salamanca Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoeta , profesor universitario Editar o valor em Wikidata
Membro de
Xénero artísticoPoesía Editar o valor em Wikidata
MovementoXeración de 1950 de Literatura española Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Premios

Musicbrainz: 29a1462c-6368-4115-aeed-feb9f533f21d Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

 
O poeta Claudio Rodríguez.

Alcumado "Cayín", foi fillo de María García Moralejo e de Claudio Rodríguez Diego, de orixe humilde aínda que lector de poesía e autor dalgúns versos. En 1939 nace o seu irmán Javier e en 1945, as xemelgas Marisa e Maricarmen. Desde o cinco anos pasou longas tempadas na casa da súa avoa materna en contacto coa natureza e os labores do campo. Estuda o bacharelato no Instituto Claudio Moyano. É bo estudante e compañeiro, e xoga asiduamente ao fútbol. O 23 de marzo de 1947 morreu o seu pai e a súa vida deu un xiro decisivo ao quedar a familia na ruína. Claudio ha de dedicarse á administración das terras no campo e tratar con xornaleiros. Acentúase a súa "teima andariega" e refúxiase na lectura. Faise axudante dun profesor de latín e francés e estuda con el a métrica latina, francesa e castelá. Le a Rimbaud na súa lingua orixinal e mantense en contacto co seu profesor de literatura Ramón Luelmo.

Formouse moito na biblioteca paterna: clásicos españois, en particular os místicos, e poetas franceses do século : Charles Baudelaire, Verlaine e Rimbaud. Úneo aos místicos a actitude contemplativa, mentres con Rimbaud a pronta madurez poética. Cara a 1948 escribe os seus primeiros poemas, que el chama "exercicios para piano". Publica Nana de la Virgen María noCorreo de Zamora, en 1949. En 1951, trasládase a Madrid para estudar Filoloxía Románica cunha bolsa. Aos 18 anos gaña o premio Adonais por Don de la ebriedad, libro que impresiona a Vicente Aleixandre co que manterá unha amizade profunda, case filial, e a quen dedicará o seu libro Conjuros. A súa familia faino estudar Dereito en Salamanca, pero retírase e opta polas letras. En 1953 coñece a Clara Miranda (nada en Zarauz, e falecida en Madrid, o 5 de marzo de 2022), quen será a súa compañeira.[1] Faise amigo de Leopoldo Panero e Luís Rosales.

A comezos do curso 1955-56, prepárase un Congreso Universitario de Escritores Novos, aprazado a febreiro do ano sucesivo pola morte de Ortega. Rodríguez participa no Boletín e vive de pensión en pensión, ata que se instala no Colexio Maior José Antonio. Nos primeiros meses de 1956, afíliase ao Partido Comunista, pero sae inmediatamente (dura vinte minutos a súa permanencia) por unha discusión co irmán de Jorge Semprún. Antes, un grupo de descoñecidos déralle unha malleira, por estar na organización do Congreso, patrocinado polo PCE. De todos os xeitos, fóra xa do congreso, participa nos enfrontamentos coa policía entre o 1 e o 9 de febreiro, polo que é detido e posteriormente vixiado. (O congreso nunca se realizará, pois nos tumultos morreu un estudante falanxista).

Licenciado en Filoloxía Románica en 1957 cunha tese sobre El elemento mágico en las canciones infantiles de corro castellanas, baixo a dirección de Rafael de Balbín. Ese verán fixo o servizo militar.

En 1958, publica Conjuros e, coa axuda de Dámaso Alonso e Vicente Aleixandre, viaxou a Inglaterra, onde traballou como lector de español en Nottingham (1958-1960). O 23 de xullo de 1959 casou con Clara Miranda. Trasládase logo a Cambridge (1960-1964), co mesmo cargo. Descobre aos románticos ingleses sobre todo William Wordsworth e Dylan Thomas, que influirán na súa poética. En 1963 é incluído na antoloxía Poesía última de Francisco Ribes, onde tamén aparecen poemas de Eladio Cabañero, Ángel González, José Ángel Valente e Carlos Sahagún, autores que conforman o grupo poético madrileño que se deu a coñecer na década de 1950-1960, ao que os críticos bautizaron co nome de xeración dos 50. En Inglaterra escribiu Alianza y condena, Premio da Crítica 1965, e fixo amizade con Francisco Brines, lector en Oxford. En 1968 foi incluído na Antología de la nueva poesía española.[2]

De regreso a Madrid, dedícase ao ensino universitario. O 31 de xullo de 1974 morre asasinada en Madrid a súa irmá María del Carmen.[3] Un ano máis tarde, morre a súa nai.[4]

Os anos setenta significan a consagración definitiva do poeta. Os sucesivos, o recoñecemento oficial. En 1976, publica o seu cuarto poemario El vuelo de la celebración. En 1980, a Modern Language Association of America dedícalle unha sesión en Houston. En 1983, Premio Nacional de Poesía por Desde mis poemas, recompilación dos seus catro primeiros libros; en 1986 é Premio das letras de Castela e León. O 17 de decembro de 1987 é elixido membro de número da Real Academia Española, na cadeira deixada vacante por Gerardo Diego. En marzo de 1992 le o seu discurso de ingreso á RAE, titulado: "Poesía como Participación: Hacia Miguel Hernández". En 1993 publica Casi una leyenda, o que será o seu último libro de poemas. O 28 de marzo de 1993 recibe o Premio Príncipe de Asturias das Letras e cinco días despois o II Premio Reina Sofía de Poesía Iberoamericana da Universidade de Salamanca.

Faleceu en Madrid aos 65 anos de idade como consecuencia do un cancro de colon que padecía e que acabara en metástase.[5][6]

Obras editar

  • Don de la ebriedad, Madrid, Adonáis, 1953. (Premio Adonáis)
  • Conjuros, Torrelavega, Ed. Cantalpiedra, 1958.
  • Alianza y condena, Madrid, Revista de Occidente, 1965. (Premio de la Crítica)
  • El vuelo de la celebración, Madrid, Visor, 1976.
  • Casi una leyenda, Barcelona, Tusquets, 1991.
  • Aventura, (edición facsímile), Salamanca, Tropismos, 2005.

Recompilacións editar

  • Poesía (1953-1966), Barcelona, Plaza y Janés, Barcelona, 1971. (Con prólogo de Carlos Bousoño recompilación dos tres primeiros libros.)
  • Desde mis poemas, Madrid, Cátedra, 1983. (Recompilación dos catro primeiros libros con introdución do propio autor. Premio Nacional de Poesía)
  • Don de la ebriedad. Conjuros. Ed. de Luis García Jambrina, Madrid, Clásicos Castalia, 1998.
  • La otra palabra. Escritos en prosa, ed. de Fernando Yubero Ferrero, Barcelona, Tusquets, 2004.(Selección de ensaios e artigos sobre poética, poetas e outros temas literarios, publicados polo autor en revistas e prensa diaria).
  • Prieto de Paula, Ángel L. " Claudio Rodríguez. Antología poética", edición de Ángel.L. Prieto de Paula e Luis Bagué Quílez, Madrid: ediciones Rialp, 2013.
  • Antología poética, ed. de Ángel Rupérez, Madrid, Espasa, Colección Austral, 2004.
  • "Antología poética", ed.de Philip W. Silver, Madrid, Alianza editorial, 2017
  • "Alliance and condemnation. Alianza y condena", edición e tradución de Philip W. Silver, Chicago: Swan Isle Press, 2014

Premios editar

Notas editar

  1. News, Zamora. "Adiós a Clara Miranda, viuda del poeta Claudio Rodríguez". Zamora News (en castelán). Consultado o 2022-12-06. 
  2. Batlló, José (1968). El Bardo, ed. Antología de la Nueva Poesía Española (en castelán) (1ª ed.). Barcelona: Ciencia Nueva S.L. 
  3. L, Diario de Prensa Digital S. (2012-12-18). "Diario Kafka - Cultura en eldiario.es". Diario Kafka (en castelán). Consultado o 2022-12-06. 
  4. "ABC MADRID 01-08-1974 página 36 - Archivo ABC". abc. 2019-08-13. Consultado o 2022-12-06. 
  5. Mora, Miguel (1999-07-22). "Muere Claudio Rodríguez, poeta de la claridad". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2021-03-16. 
  6. "Muere el poeta Claudio Rodríguez". Consultado o 2021-03-16. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • García Berrio, Antonio. "Forma interior: la creación poética de Claudio Rodríguez". Málaga: Ayuntamiento de Málaga, 1998.
  • Machín Romero, Antonio. Claudio Rodríguez: La época, la poesía y sus poemas. Barcelona: PPU, 2001.
  • Prieto de Paula, Ángel L. La llama y la ceniza. Introducción a la poesía de Claudio Rodríguez, Salamanca: Ediciones Universidad de Salamanca, 1989.
  • Prieto de Paula, Ángel L. "Claudio Rodríguez. Visión y contemplación", Alacant: Instituto de cultura Juan Gil-Albert, 1996.
  • García Jambrina, Luis y Ramos de la Torre, Luis, Guía de lectura de Claudio Rodríguez, Madrid: Ediciones de la Torre, s. f.
  • García Jambrina, Luis, "De la ebriedad a la leyenda. La trayectoria poética de Claudio Rodríguez", Salamanca: ediciones de la Universidad de Salamanca,1999.
  • Yubero Ferrero, Fernando, La poesía de Claudio Rodríguez(La construcción del sentido imaginario), Valencia, Pre-Textos,2003
  • Silver, Philip (editor), "Rumoroso cauce. Nuevas lecturas sobre Claudio Rodríguez", Madrid, Páginas de espuma, 2010
  • Mudrovic, W. Michael, Abrir nuevos caminos: La poética transgresiva de Claudio Rodríguez, tradución de Luis Ingelmo, Valladolid e Zamora, Universidade de Valladolid e IEZ "Florián de Ocampo", 2012.
  • Rey, José Luis, Brujas a mediodía. Anotaciones a la poesía de Claudio Rodríguez , Córdoba, editorial Berenice,2019.

Ligazóns externas editar