Francisca Aguirre
Francisca Aguirre Benito, tamén coñecida como Paca Aguirre, nada en Alacant o 27 de outubro de 1930 e finada en Madrid o 13 de abril de 2019,[1][2] foi unha poeta e narradora española en lingua castelá da denominada "a outra xeración do 50"[2]. Foi nomeada Filla Predilecta de Alacant en 2012,[3] Premio Nacional de Poesía no 2011 e Premio Nacional das Letras no 2018.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 27 de outubro de 1930 Alacant, España |
Morte | 13 de abril de 2019 (88 anos) Madrid, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | poetisa , escritora |
Xénero artístico | Poesía |
Lingua | Lingua castelá |
Familia | |
Cónxuxe | Félix Grande (1963–2014) |
Fillos | Guadalupe Grande |
Pai | Lorenzo Aguirre Sánchez (pt) |
Premios | |
Traxectoria
editarFoi filla do pintor Lorenzo Aguirre, a quen dedicou o poemario Trescientos escalones, e que fora condenado a morte en 1942, durante o franquismo.[4][1] Estivo casada co poeta Félix Grande (1937-2014) e foi nai da tamén poeta Guadalupe Grande.[1]
A súa poesía foi traducida ao inglés, francés, italiano, portugués e valenciano. O seu primeiro poemario foi Ítaca, publicado en 1971, co que gañou o Premio de poesía Leopoldo Panero.[2][1] Desde entón, e coa excepción da década de 1980, a autora continuou publicando a súa obra de maneira ininterrompida, como se pode comprobar na relación da súa obra.
Gañou o Premio Nacional de Poesía en 2011 co seu poemario Historia de una anatomía (2010), libro co que xa gañara o Premio Miguel Hernández en 2010.
Malia que a poeta pertenceu por data de nacemento á xeración do 50 ( á que pertencen, entre outros, Jaime Gil de Biedma e José Ángel Valente (nados en 1929), Francisco Brines (1932) ou Claudio Rodríguez en (1934)) a tardía publicación do seu primeiro poemario supuxo que o seu nome se vira apartado das antoloxías da súa xeración. Como a mesma autora dicía «considero que pertenzo a esa Xeración do 98 paciente, sen présas, que como explicaba Antonio Machado, pensaba que a arte é longa e ademais non importa, porque o único importante é a vida».[4]
No ámbito temático, a poesía de Francisca Aguirre móvese por unha banda como testemuño do mundo no que vive: «De o artista non aceptar un principio de realidade está perdido. Para modificala é necesario que previamente a aceptemos. Ao longo de todos os meus libros eu tentei iso: dar noticia da miña historia».[5] Como a propia poeta declarou, «a poesía é unha ferramenta do coñecemento e serve para sacar o que levamos dentro»[4]. Doutra banda, a reflexión, dun marcado carácter existencial, únese umbilicalmente á súa mirada externa para conformar un universo propio, proteico, dual e á vez concentrado nun núcleo no que a poesía é o rastro da vida, o perenne.
Obra
editar- Poesía
- Ítaca (Premio Leopoldo Panero 1971), Cultura Hispánica, Madrid, 1972.
- Los trescientos escalones (Premio Ciudad de Irún 1976), Caja de Ahorros Provincial de Guipúscoa, Donostia, 1977.
- La otra música, Ediciones Cultura Hispánica, Madrid, 1978.
- Ensayo General (Premio Esquío, 1995), Sociedad de Cultura Valle-Inclán, Ferrol, 1996.
- Pavana del desasosiego (Premio María Isabel Fernández Simal, 1998), Ediciones Torremozas, Madrid, 1999.
- Ensayo General. Poesía completa 1966-2000”, Calambur, Madrid, 2000.
- Memoria arrodillada. Antología, Institució Alfons el Magnànim, Valencia, 2002.
- La herida absurda, Bartleby Editores, Madrid, 2006.
- Nanas para dormir desperdicios (Premio Alfons el Magnànim), Hiperión, Madrid, 2008.
- Historia de una anatomía, (Premio Internacional Miguel Hernández, Premio Nacional de Poesía, 2011), Hiperion, Madrid, 2010.
- Conversaciones con mi animal de compañía, Rilke, Madrid, 2012.
- Prosa
- Espejito, espejito, libro de recuerdos, Universidade Popular José Hierro, San Sebastián de los Reyes, 1995.
- Que planche Rosa Luxemburgo, relatos, (Premio Galiana, 1994), Germania, Alzira, 2002.
Recoñecementos
editar- Premio Leopoldo Panero, 1971
- Premio Cidade de Irún, 1976
- Premio Galiana, 1994
- Premio Esquío, 1995
- Premio María Isabel Fernández Simal, 1998[4]
- Premio da crítica valenciana ao conxunto da súa obra, 2001
- Premio Alfons el Magnànim, 2007
- Premio Internacional Miguel Hernández, 2010
- Premio Nacional de Poesía, 2011.[6]
- Premio Nacional das Letras Españolas, 2018 [2]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 "Francisca Aguirre, figura silente de la poesía". Elmundo.es (en castelán). 14 de abril de 2019. Consultado o 14 de abril de 2019.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 Rico, Manuel (14 de abril de 20194). "Muere a los 88 años Francisca Aguirre, poeta de la desolación y la lucidez". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 14 de abril de 2019.
- ↑ Consejo local de Cultura de Alicante. Acta de la reunión ordinaria de la Comisión de Cultura y Ciencia (PDF) (Informe) (en castelán). Ajuntament Alacant Cultura. 30-7-2019. p. 3 e 7. Consultado o 27-11-2019.
FRANCISCA AGUIRRE BENITO (Alicante, 27 de octubre de 1930-Madrid, 13 de abril de 2019). También conocida como Paca Aguirre, fue una escritora española, nombrada Hija Predilecta de Alicante en 2012 y Premio Nacional de las Letras en 2018
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 "Francisca Aguirre: "Al final lo único que merece la pena es escribir y jugarse la vida en ello"". El Mundo (en castelán). 13-11-2001. Arquivado dende o orixinal o 31-10-2010. Consultado o 14-4-2019.
- ↑ Lucas, Antonio (26-6-2000). "«Si el artista no acepta un punto de realidad está perdido». Francisca Aguirre reúne su poesía completa". El Mundo (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 25-07-2001. Consultado o 02-1-2018.
- ↑ Nota de prensa de la presidencia del Gobierno.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Francisca Aguirre |
Bibliografía
editar- Marina Sáez, R. M. (2002): “El mundo clásico en la poesía de Francisca Aguirre” en Nova et vetera : nuevos horizontes de la Filología latina coordinado por A. Espigares, A. María Aldama, María F. del Barrio, Vol. 2, (Nuevos horizontes de la filología latina), ISBN 84-930825-5-4 , p. 751-759.
- Crespo Massieu, A. (2007): “La herida absurda. Francisca Aguirre (Alicante, 1930)” en Viento sur: Por una izquierda alternativa, ISSN 1133-5637, Nº. 92, p. 117-122.
- Federici, M. (2014): “L’arte come rifugio e presa di coscienza: un approccio alla poesia di Francisca Aguirre”, in Augusto Guarino (dir.) Le geometrie dell’essere. Identità, identificazione, diversità nella recente letteratura spagnola, Napoli, Pironti, ISBN 978-88-7937-700-3, p. 167-185.
Ligazóns externas
editar- Páxina do Cervantes Virtual con poemas e videoteca do poeta (en castelán)
- Ligazón á páxina da Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes, onde se fala da poeta e a literatura de finais do século XX] (en castelán)
- Entrevista (en castelán)
- Poemas de Francisca Aguirre (en castelán)