Manuel Álvarez Torneiro
Manuel Álvarez Torneiro, nado na Coruña o 7 de xullo de 1932[1][2] e finado na mesma cidade o 8 de outubro de 2019[3], foi un xornalista e poeta galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 7 de xullo de 1932 A Coruña, España |
Morte | 8 de outubro de 2019 (87 anos) A Coruña, España |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, poeta, escritor |
Xénero artístico | poesía |
Premios | |
Traxectoria
editarCursou estudos na Escola Superior de Altos Estudos Mercantís da Coruña. Despois de desempeñar varios traballos entrou a traballar en La Voz de Galicia. no que botou vinte e cinco anos e, entre outras funcións, levou a cabo un imporante labor como crítico literario. Foi un dos fundadores do grupo poético Amanecer nos anos 1950 na Coruña[4] e colaborou en diversos libros colectivos e revistas (Dorna, Clave Orión, A xanela, ...).[5] Os antólogos sitúano na Xeración das Festas Minervais, na primeira promoción da poesía de posguerra: os nados entre 1928 e 1942.[6]
Foi nomeado membro de honra da Asociación de Escritores en Lingua Galega en 2011. En 2013 recibiu o Premio Nacional de Poesía,[7] o primeiro poeta en recibir este premio cun libro en lingua galega.
Obra en galego
editarPoesía
editar- Memoria dun silencio (1982). Ediciós do Castro, Serie Liminar. ISBN 9788474921526.
- Fértil corpo de soño (1986). Sociedade de Cultura Valle-Inclán. ISBN 84-86046-16-5.
- Restauración dos días (1986). Sotelo Blanco, Leliadoura, nº 11. ISBN 978-8486021467.
- As voces consagradas (1992). Deputación da Coruña. 96 páxs. ISBN 9788486040666.
- As doazóns do incendio (1993). Sotelo Blanco. 111 páxs. ISBN 84-7824-156-6.[8]
- Rigorosamente humano (1995). Sociedade de Cultura Valle-Inclán. Reeditado por Faktoría K en 2015, ISBN 978-84-15250-89-0.
- Habitante único (1997). Espiral Maior. 100 páxs. ISBN 9788489814233.[9]
- Luz de facer memoria (1999). Deputación da Coruña. ISBN 9788489652940.[10]
- Campo segado (2001). Deputación da Coruña. 124 páxs. ISBN 978-8495335739.
- Os reinos do fulgor. Antoloxía esencial (1982-2002) (2002). Deputación da Coruña. ISBN 84-95950-12-X.
- Epicentro (2003). Deputación de Pontevedra. 118 páxs. ISBN 9788484571438.
- Setembro Stradivarius (2004). Deputación de Pontevedra. 102 páxs. ISBN 84-8457-189-0.[11]
- Parábola do incrédulo (2006). Deputación de Pontevedra. ISBN 9788484572732.
- Os ángulos da brasa (2012). Faktoría K. ISBN 978-84-15250-36-4. Foi traducida ao castelán (edición bilingüe).[12]
- Onde nunca é mañá (2014). Faktoría K. 120 páxs. ISBN 978-84-15250-69-2.[13]
- Clave de bóveda (2020). Faktoría K. 112 páxs. ISBN 978-84-16721-76-4. Inédito e póstumo.[14]
- A vixilia do bosque (2024). Faktoría K. 80 paxs. ISBN 978-84-19213-51-8. Inédito e póstumo.
Obras colectivas
editar- Alma de beiramar (2003). Asociación de Escritores en Lingua Galega.
- Antoloxía consultada da poesía galega 1976-2000 (2003). Tris Tram. Arturo Casas, editor.
- Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra (2003). Espiral Maior.
- 23 poetas cantan a don Antonio Machado (2004), Hipocampo.
- Son de poesia (2005). Edições Fluviais, Lisboa.
- Do máis fondo do silencio saen voces (2006). Asociación Cultural Panda de Relacións Laborais, A Coruña.
- Poetas e Narradores nas súas voces (volume II) (2006). Consello da Cultura Galega.
- Volverlles a palabra. Homenaxe aos represaliados do franquismo (2006). Difusora.
- Poemas coruñeses: antoloxía de textos poéticos dos séculos XIX e XX sobre a Coruña (2008). Espiral Maior.
Obra en castelán
editarPoesía
editar- Desnudo en barro (1983). Sociedade de Cultura Valle-Inclán. 55 páxs.
- Cenizas en el salmo (1985). Sociedade de Cultura Valle-Inclán. 68 páxs. ISBN 978-84-86046-12-5.
Premios
editar- Accésit do Premio Esquío de poesía en 1985, por Fértil corpo de soño.
- Accésit no Premio de poesía Miguel González Garcés no 1992, por As voces consagradas.
- Premio Esquío de poesía en 1994, por Rigorosamente humano.
- Premio de poesía Miguel González Garcés no 1998, por Luz de facer memoria.
- Premio da Crítica en 1999, por Luz de facer memoria.
- Premio de poesía Miguel González Garcés no 2000, por Campo segado.
- Premio Ánxel Casal da Asociación Galega de Editores ao mellor libro de non poesía ou teatro do 2012, por Os ángulos da brasa.
- Premio da Crítica en 2012, por Os ángulos da brasa.
- Premio da AELG á mellor obra de poesía do ano 2012, por Os ángulos da brasa. Ex-aequo con Boca da cobra, de Francisco Salinas Portugal.
- Premio Nacional de Poesía 2013 por Os ángulos da brasa.[15][16]
Notas
editar- ↑ "Ficha do autor". bvg.udc.es. Consultado o 2019-10-10.
- ↑ Casalderrey, Fina (2019-10-10). "Manuel Álvarez Torneiro, rigorosamente humano". La Voz de Galicia. Consultado o 2019-10-10.
- ↑ "Galicia perde ao poeta e xornalista Manuel Álvarez Torneiro, Premio Nacional de Poesía". La Voz de Galicia (en castelán). 2019-10-09. Consultado o 2019-10-09.
- ↑ "Manuel Álvarez Torneiro. Galegos. Gallegos". galegos.galiciadigital.com. Consultado o 2019-10-10.
- ↑ "Enciclopedia Historia Literatura Galega". literaturagalega.as-pg.gal. Consultado o 2019-10-10.
- ↑ "Manuel Álvarez Torneiro". www.aelg.gal. Consultado o 2019-10-10.
- ↑ "Manuel Álvarez Torneiro, Premio Nacional de Poesía". La Vanguardia (en castelán). 8 de outubro de 2013. Arquivado dende o orixinal o 10 de decembro de 2013. Consultado o 08 de outubro de 2013..
- ↑ "PoesiaGalega: "Manuel Álvarez Torneiro: As doazóns do incendio"". www.poesiagalega.org. Consultado o 2019-10-10.
- ↑ "Centro de Documentación da AELG". www.aelg.gal. Consultado o 2019-10-10.
- ↑ Rodríguez, Luciano. "Manuel Álvarez Torneiro. Luz de facer memoria" (PDF). poesiagalega.org. Consultado o 10/10/2019.
- ↑ "Setembro Stradivarius. Deputación Provincial de Pontevedra. LG3. O soportal da Literatura Galega". culturagalega.org (en castelán). Consultado o 2019-10-10.
- ↑ "Os ángulos da brasa / Los ángulos de la brasa". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-26.
- ↑ Nicolás, Ramón (2014-05-12). "Onde nunca é mañá, de Manuel Álvarez Torneiro". Caderno da crítica. Consultado o 2019-10-10.
- ↑ Villar, Miro (Abril, maio, xuño 2021). "Un pasal máis do macrotexto". Grial LIX (230): 95–96. ISSN 0017-4181.
- ↑ "Kalandraka: Detalle". www.kalandraka.com. Arquivado dende o orixinal o 10 de outubro de 2019. Consultado o 2019-10-10.
- ↑ "Manuel Álvarez Torneiro, Premio Nacional de Poesía". La Vanguardia (en castelán). 8 de outubro de 2013. Arquivado dende o orixinal o 10 de decembro de 2013. Consultado o 08 de outubro de 2013..
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Barrera, F., ed. (2002). Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI. El Correo Gallego. ISBN 84-8064-113-4.
- Dicionario biográfico de Galicia, Ir Indo Edicións, 2010-2011, Vigo.