Antoni Tàpies

Antoni Tàpies i Puig, nado en Barcelona o 13 de decembro de 1923 e finado na mesma cidade o 6 de febreiro de 2012, foi un pintor, escultor e teórico da arte catalán.

Antoni Tàpies
Antoni Tàpies (1).jpg
Nacemento13 de decembro de 1923
Lugar de nacementoBarcelona
Falecemento6 de febreiro de 2012
Lugar de falecementoBarcelona
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpintor, escultor, ilustrador e artista gráfico
FillosAntoni Tàpies i Barba e Miquel Tàpies Barba
Coñecido porRinzen, Mitjó e sen etiquetar
PremiosCommandeur des Arts et des Lettres‎, Premio Príncipe de Asturias das Artes, Praemium Imperiale, Prêmio Wolf de Artes, Serra d'Or Critics Award, Premio Tomás Francisco Prieto, doutor honoris causa pola Universidade Complutense de Madrid, Rubenspreis, honorary doctorate of the University of the Balearic Islands, honorary doctorate of Barcelona University e Medalha de Ouro da Generalidade da Catalunha
Na rede
IMDB: nm0850012 Dialnet: 266141 Musicbrainz: d05ebb4f-f77b-48b9-b5ca-b02a89144f4a Discogs: 2207523 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

É un dos principais expoñentes a nivel mundial do informalismo, está considerado como un dos máis destacados artistas ibéricos do século XX. A obra do artista catalán goza dun centro de estudo e conservación na Fundación Antoni Tàpies de Barcelona.

Autodidacta, creou un estilo propio dentro da arte de vangarda do século XX, cun estilo abstracto pero cheo de simbolismo, dando gran relevancia ao substrato material da obra. Cabe destacar o marcado sentido espiritual dado polo artista á súa obra, onde o soporte material transcende o seu estado para significar unha profunda análise da condición humana.

A obra de Tàpies tivo unha gran valoración a nivel tanto nacional como internacional, estando exposta nos máis prestixiosos museos do mundo. Ao longo da súa carreira recibiu numerosos premios e distincións, entre os que cabe destacar o Premio da Fundación Wolf das Artes (1981), a Medalla de Ouro da Generalitat de Cataluña (1983), o Premio Princesa de Asturias das Artes (1990), a Medalla Picasso da Unesco (1993) e o Premio Velázquez de Artes Plásticas (2003). Como recoñecemento á súa traxectoria artística o rei español Xoán Carlos I outorgoulle o 9 de abril de 2010 o título de marqués de Tàpies.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar