Jenaro Pérez Villaamil

pintor galego

Jenaro Pérez Villaamil Duguet (ás veces aparece como Genaro Pérez de Villa-Amil),[1] nado en Ferrol o 3 de febreiro de 1807 e finado en Madrid o 5 de xuño de 1854, foi un pintor romántico galego.

Jenaro Pérez Villaamil
Jenaro Pérez Villaamil.jpg
Nacemento3 de febreiro de 1807
 Ferrol
Falecemento5 de xuño de 1854
 Madrid
NacionalidadeEspaña
Na rede
Galiciana: 166748
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

FormaciónEditar

Pérez Villaamil foi un neno prodixio e cando tiña oito anos de idade xa desempeñaba o cargo de axudante de profesor de debuxo no Colexio Militar de Santiago ás ordes do seu propio pai, que era mestre de fortificacións, topografía e debuxo. A súa vida foi unha auténtica aventura xa que, despois de vivir en Madrid coa familia, tiña dezaseis anos de idade cando se incorporou ao movemento liberal e alistouse no Exército para repeler a invasión conservadora dos Cen Mil Fillos de San Luís en 1823. En Sanlúcar la Mayor (Sevilla) resultou ferido e préndeno como prisioneiro de guerra. Levado a Cádiz, a súa catividade non lle impediu realizar estudos de pintura na academia desa cidade baixo a dirección do profesor José García e cando quedou libre en 1830 trasladouse a Porto Rico para realizar as decoracións do teito do Teatro Tapia, o gran teatro de San Xoán.

Etapa prerrománticaEditar

Pérez Villaamil pasou por dúas etapas plásticas nas que se dividiu a súa vida. A primeira foi a prerromántica e a segunda, que ocupou os derradeiros anos da súa vida, xa plenamente romántica.

Retornado a España en 1833, percorreu Andalucía e fíxose amigo do pintor e debuxante inglés David Roberts, co que mellorou a súa técnica, e pouco máis tarde marchou a Madrid, onde coñeceu á raíña Isabel II, e pidiu o ingreso na Real Academia de Belas Artes de San Fernando, que conseguiu en 1835.

Meses máis tarde interveu na fundación do Ateneo de Madrid e na creación do Liceo Artístico y Literario Español, que foi o epicentro do romanticismo en Madrid.

Tamén por aquel tempo coñeceu a Ramón de Mesonero Romanos e comezou a ilustrar as costumistas obras deste escritor español.

Etapa románticaEditar

En 1837 vendeu cadros ao rei Luís Filipe I de Francia e tamén á raíña Isabel de España, e foi recoñecido como un dos mellores paisaxistas do momento. E nesa época comezou a mudar de amizades: do costumismo de Mesonero Romanos pasou a frecuentar a mozos do seu tempo que estaban a triunfar nas letras, como a José Zorrilla, que lle dedicou o poema La noche de invierno. E en 1840, logo dunhas viaxes por Castela, trasladouse a París, onde iniciou unha viaxe por Europa (Francia, Bélxica, Países Baixos) que se prolongou durante catro anos. A escusa da viaxe foi a publicación de España artística y monumental, un álbum de litografías.[1]

A temática deste pintor foi sempre a paisaxe, ás veces con vistas urbanas e tamén con exteriores arquitectónicos monumentais e achegando figuras populares que representan a personaxes da época o que lles dá aos seus cadros un toque humano e costumista. Nesas viaxes europeas tomou contacto coa crítica internacional (Charles Baudelaire falou da súa obra no Salón de París de 1845, por exemplo), aprendeu de mestres do romanticismo europeo, e aproveitou para venderlle cadros a distintas casas reais. Por iso entre as súas influencias principais estiveron David Roberts, pero tamén os británicos Joseph William Turner e John Martin.

Noméano tenente director da Real Academia de San Fernando en febreiro de 1845, e ademais catedrático de paisaxe. E cando se creou a Escola Preparatoria para as carreiras de enxeñeiros civís e arquitectos, Villaamil foi nomeado profesor de paisaxe.

Regresou a Galiza en 1849 e percorreu as provincias da Coruña e Pontevedra.

Seguiu viaxando por España ata 1852, cando empezou a sufrir problemas de fígado. Dous anos máis tarde morreu en Madrid aos 47 anos de idade.

Ordes e condecoraciónsEditar

Galería de imaxesEditar

Pescadores na ribeira.[cando?] Colección particular. 
A tempestade.[cando?] Colección particular. 
Paisaxe con río, castelo e escena de pescadores, 1828, no Museo de Pontevedra 
Interior dunha igrexa, 1833-1854, na Pinacoteca Francisco Fernández del Riego de Vigo
Ataque a un convoi carlista, 1838, no MNBA de Buenos Aires
Igrexa de San Juan de los Reyes de Toledo, 1839. 
Fachada da catedral, antes de 1842. Colección particular. 
Castelo de Alcalá de Guadaira, 1843. 

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 España artística y monumental Biblioteca Digital de Castilla y León.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Gravacións de son externas
  Vidas Contadas, RNE (en castelán).

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar