España artística y monumental

A España artística y monumental é unha obra de litografías do pintor ferrolán Xenaro Pérez Villamil, unha das máis importantes do romanticismo pictórico ibérico. O seu nome completo era España artística y monumental: Vistas y descripción de los sitios y monumentos más notables de España.[1]

A obra destaca pola técnica do debuxo e nos seus motivos aparecen representados numerosos monumentos históricos españois, moitos deles en ruínas, o que sen dúbida foi un importante referente do romanticismo en toda Europa. A obra, pagada polo Marqués de Remisa mandouse imprimir en París entre 1842 e 1850, pero está perdida en toda a súa integridade.

Algunhas desas litografías, separadas e logo xuntadas, foron reproducidas en obras posteriores que se seguen reimprimindo, pero non a partir dos orixinais.

NotasEditar