Alberto Datas
pintor español
(Redirección desde «Alberto Datas Panero»)
Alberto Datas Panero, nado na Coruña o 27 de febreiro de 1935 e finado en Madrid o 11 de decembro de 2007,[1] foi un pintor galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 27 de febreiro de 1935 A Coruña, España |
Morte | 11 de decembro de 2007 (72 anos) Madrid, España |
Educación | Real Academia de España en Roma |
Actividade | |
Ocupación | pintor |
Membro de | |
Traxectoria
editarCando era neno sufriu un accidente de bicicleta, que xunto coa tuberculose fixo que tivese que pasar unha tempada na cama. Aí comezou a facer debuxos de cadros de grandes pintores.[1]
Estudou na Escola de Artes e Oficios da súa cidade natal e despois na Escola de San Fernando de Madrid, onde coñeceu a súa esposa, a artista Estrella Medina.[1] En 1961 conseguiu unha bolsa para estudar en Venecia con Bruno Saetti. Entre 1965 e 1968 estudou en Roma[2] e en 1969 realizou a súa primeira exposición individual.[1]
Estivo vencellado á Xeración Atlántica.