Manuel Vilariño

fotógrafo galego

Manuel Vilariño Seco, coñecido como Manuel Vilariño, nado na Coruña o 22 de maio de 1952, é un fotógrafo galego.

Modelo:BiografíaManuel Vilariño
Biografía
Nacemento22 de maio de 1952 Editar o valor en Wikidata (72 anos)
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfotógrafo, pintor Editar o valor en Wikidata
Premios

BNE: XX1078883 Dialnet: 2312879

Traxectoria

editar

Manuel Vilariño comeza a expoñer en 1983 e nos anos oitenta e noventa realiza diversas mostras e participa en colectáneas tanto en Galiza como de nivel internacional. A súa consagración chégalle no 2002, coa exposición individual Fío e sombra, no Centro Galego de Arte Contemporánea. Posteriormente (2004) realizou a exposición Señal en el aire para o Museo Extremeño e Iberoamericano de Arte Contemporánea de Badaxoz.

En 2007, cando estaba a expoñer na Bienal de Venecia, foille concedido o Premio Nacional de Fotografía.

Características da obra

editar

A obra fotográfica de Vilariño pode encadrarse dentro do experimentalismo, a medio camiño entre a composición pictórica e a fotografía. Os seus bodegóns móntanse a miúdo sobre pranchas metálicas, con superficies deliberadamente rugosas, e onde frecuentemente interveñen pequenos animais mortos (escaravellos, paxaros, lagartos etc.), e obxectos relixiosos.

A súa obra forma parte das coleccións permanentes do Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, do CGAC, do Fine Arts Museum de Houston, da Colección Coca-Cola, da Colección Afundación, do Museo de Arte Contemporánea Unión Fenosa da Coruña e de importantes coleccións institucionais, entre elas a da Xunta de Galicia.

Obra literaria

editar

Poesía

editar

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Manuel Vilariño. Fío e sombra. Santiago de Compostela, CGAC, 2002.
  • Alberto Ruíz de Samaniego. El Ángel necesario. Vigo, Galería Bacelos, 2001.
  • Xosé Antón Castro. Manuel Vilariño. Galerie Municipale du Château d 'Eau. Tolosa, 2001.
  • Rosa Olivares. Manuel Vilariño. Biblioteca de Fotógrafos Españoles. Madrid, La Fábrica, 2002.

Ligazóns externas

editar