Urbano Lugrís Vadillo

pintor galego (1942 - 2018)

Urbano Lugrís Vadillo, nado en Vigo[1] o 8 de maio de 1942[2] e finado na Coruña o 1 de febreiro de 2018[3], foi un pintor galego.

Infotaula de personaUrbano Lugrís Vadillo
Biografía
Nacemento8 de maio de 1942 Editar o valor em Wikidata
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Morte1 de febreiro de 2018 Editar o valor em Wikidata (75 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpintor Editar o valor em Wikidata
MovementoHiperrealismo e Surrealismo Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiUrbano Lugrís González Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Fillo de Urbano Lugrís González, unha das grandes figuras da arte galega do século XX, viviu en Vigo ata os oito anos. Despois trasladouse coa familia á Coruña, pero tamén pasou amplas estadías en Madrid e en Castela, de onde viña a familia da nai.

Estudou a carreira de Náutica, e fíxose oficial de máquinas da mariña mercante, profesión que empezou a exercer ao mesmo tempo coa pintura. Continúa profesionalmente vinculado ao mar ata 1971, cando se dedica xa plenamente á pintura.

Comezou a expor moi novo en cidades de Galiza, e a recibir galardóns, a partir do ano 1962. As súas mostras estendéronse a Madrid e Cataluña, onde goza de gran prestixio, saltando así mesmo as fronteiras españolas para ir a Europa e América. Está representado en museos de Galiza e en coleccións particulares. A pintura de Lugrís Vadillo Lugrís abala entre o hiperrealismo e o surrealismo.[4]E ten tres netos Paula Suárez Lugrís, Manuel Suárez Lugrís e Javier Urbano Suárez Lugrís fillos do Marqués de Mera e a súa fills

Notas editar

  1. "Autores | Fundación María José Jove". www.fundacionmariajosejove.org (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 02 de febreiro de 2018. Consultado o 2018-02-01. 
  2. Barrera, Feliciano, ed. (2002). "Lugrís Vadillo, Urbano". Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). Santiago de Compostela: El Correo Gallego. p. 345. ISBN 84-8064-113-4. 
  3. "Fallece el pintor Urbano Lugrís Vadillo". La Voz de Galicia. 1 de febreiro de 2018. Consultado o 2 de febreiro de 2018.  (en castelán)
  4. "Muere el pintor vigués Urbano Lugrís Vadillo". Faro de Vigo. Consultado o 2018-02-01. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Mon, Fernando: Pintura contemporánea en Galicia. A Coruña, Gaixa Galicia, 1987.
  • Pablos, Francisco: Plástica galega. Vigo, Caixavigo, 1981.
  • VV. AA.: Urbano Lugrís. Xunta de Galicia. Concello da Coruña, 1989.

Ligazóns externas editar