José Luis Penado

escultor galego

José Luis Penado Gómez, nado en Pontevedra en 1928 e finado na mesma cidade o 13 de setembro de 2016, foi un escultor galego. Dotado dunha óptica moi persoal, deixou unha abundante obra, a maioría realizada en ferro, o seu material fetiche.

Infotaula de personaJosé Luis Penado
Biografía
Nacemento1928 Editar o valor em Wikidata
Pontevedra, España Editar o valor em Wikidata
Morte13 de setembro de 2016 Editar o valor em Wikidata (87/88 anos)
Pontevedra, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescultor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables

Dialnet: 4842682

Traxectoria editar

Dende a súa xuventude amosou interese pola arte, tanto plástica coma musical. Asistiu a clases de debuxo e pintura con Castelao e Laxeiro. A súa estancia en Madrid para facer o servizo militar permitiulle ampliar o seu horizonte artístico, descubrindo obras como as de Julio González. Os seus inicios na escultura foron traballando a madeira, pero na década de 1950 emigrou a Venezuela, vivindo en Caracas, onde traballou na metalurxia, como encargado nun taller de soldadura. Alí asimilou novas técnicas e a partir dese momento entregouse por completo ó ferro, material co que creou as súas obras máis notables.

Volveu a España en 1965 e instalouse na súa Pontevedra natal. Dous anos máis tarde realizou a súa primeira exposición na Sala de Información e Turismo, na que xa amosaba o seu interese polo oficio artesanal da forxa. Despois realizou mostras en Madrid, Vigo, Ourense, Salamanca, Valladolid, Sevilla, Barcelona e Pamplona.

En 1996 tivo lugar unha exposición de esculturas súas na Casa de Galicia de Madrid.[1]

Xa como artista consolidado incorporou novos materiais á súa obra, o aceiro e o bronce, e nos seus últimos anos incorporou o estaño e engadiu cor á súa mirada abstracta sobre a natureza.

No ano 2014 foi protagonista dunha exposición antolóxica que organizou o Museo de Pontevedra, no Edificio Sarmiento.[2]

Faleceu na súa cidade natal o 13 de setembro de 2016.

Obra editar

 
Monumento á árbore en Pontevedra.

Foi un creador moi prolífico, realizando pezas para diferentes institucións públicas e privadas e tamén para diferentes templos de Galicia, destacando a impresionante cruz monumental situada na igrexa neogótica de Caritel.[3] Na Pousa, entre Caritel e Forzáns, estaba situada unha escultura en homenaxe o Can de palleiro, encargada por Manuel Cordo Boullosa en 1973 e desaparecida desde 2016.[4]

Foi autor da popular figura do papagaio Ravachol situada na praza da Peregrina, en Pontevedra.[5] Tamén destaca o monumento urbano Aí veñen os mariñeiros situado na praza Elíptica da Coruña[6] e o Monumento á árbore, situado na praza de Barcelos de Pontevedra.[7]

Tamén existen obras súas no Museo de Pontevedra e no Museo Taurino de Pamplona.

Premios e recoñecementos editar

  • Premio Meigas e Trasnos de Sarria, en 1973
  • Primeiro premio do Concello do Grove, en 1981.
  • Título de “Amigo de Pontevedra”, en 1996

Notas editar

  1. Castro & Castro Couso 1996.
  2. Penado & de San Ildefonso Rodríguez 2014.
  3. Martínez Plasencia, Mercedes; Sánchez Cora, Teresa (2004). Memoria Escrita dun Pobo. 1500-1936 V. Deputación de Pontevedra. ISBN 978-84-8457-201-5. 
  4. "Indignación en Caritel polo roubo do monumento ao can de palleiro". PontevedraViva. 20 de maio de 2016. 
  5. "O ferro escultórico de José Luis Penado amósase no Edificio Sarmiento". Pontevedra Viva. 18-10-2014. Consultado o 09-11-2023. 
  6. García de Burgos, Carmen (15-09-2016). "O escultor do baleiro que soldaba a antollo o ferro e a súa propia vida". La Voz de Galicia. Consultado o 09-11-2023. 
  7. Barral, Serxio (21-10-2019). "A nova vida da praza de Barcelos". La Voz de Galicia. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar