Caritel, Ponte Caldelas
Santa María de Caritel é unha parroquia que se localiza no concello pontevedrés de Ponte Caldelas. Segundo o IGE,[2] en 2022 tiña 243 habitantes (113 homes e 130 mulleres), distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 385 habitantes.
Caritel | |
---|---|
![]() Igrexa de Santa María de Caritel. | |
Concello | Ponte Caldelas[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°22′49″N 8°27′39″O / 42.38027778, -8.46083333Coordenadas: 42°22′49″N 8°27′39″O / 42.38027778, -8.46083333 |
Poboación | 243 hab. (2022) |
Entidades de poboación | 5[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Caritel pertenceu ao arciprestado do Morrazo ao longo de toda a súa historia parroquial ata finais do século XIX; situado a máis de 15 quilómetros en liña recta da península do Morrazo, tratábase da parroquia máis oriental e extrema do dito arciprestado.
PatrimonioEditar
A igrexa parroquial é de estilo neogótico, deseñada por Álvaro Reyero e mais polo arquitecto diocesano Miguel Hernández, construída entre 1903 e 1916. Ten planta basilical, cunha soa nave cuberta con bóveda de crucería de catro tramos separados por arcos faxóns. Ao longo da nave ten vidreiras policromadas nos dous lados.
Anteriormente no campo da festa estaba a capela da Inmaculada Concepción, construción barroca do século XVIII substituída polo actual templo. A carón da igrexa hai un cruceiro.
Na parroquia hai catro petos de ánimas ou esmoleiros[3]:
- O peto de ánimas da Estrada é de tipo pechado, con caixón de esmolas, coroado cunha pequena cruz. O retablo é de madeira policromada, coa Virxe do Carme co neno sobre unha gran nube. Aos lados dous anxos axudan a dúas ánimas a saír das lapas. Na parte de abaixo hai a figura dun bispo, acompañada dunha ánima-muller á esquerda e dun home barbudo á dereita.
- O peto da Virxe de Fátima está nunha vivenda a carón do anterior. É unha táboa de nove azulexos policromados coa Virxe de Fátima e tres pastorciños, co peto cunha porta de ferro máis abaixo.
- O peto de ánimas das Almiñas do Río está no camiño de Fraga a Ponte Caldelas, preto do río Lapea na súa desembocadura no Verdugo. É de tipo pechado, coroado por unha cruz e cun pousadoiro cunha caveira con dúas tibias. O fornelo está enreixado, e debaixo del hai o cano dunha fonte. O panel é de madeira policromada, con Santo Antón co neno Xesús nos brazos. Hai cinco ánimas. Inclúe o texto A DEVOCIÓN DE MANUEL CABIRTA CONCHA.
- O peto da Breixiña está encaixado a un muro no camiño vello a Forzáns. É de tipo pechado, cunha cruz sobre a meseta. Ten unha porta metálica con cristal. O panel é de madeira policromada cunha Virxe nas nubes. Hai cinco ánimas: no medio un cura con bonete; na ringleira superior, a ánima dunha monxa e a dun frade, e na inferior un home barbudo á dereita e unha muller á esquerda. Inclúe a inscrición BENITO BOULLOSA.
A fonte das Raíces foi reconstruída en outono de 1997, con cartos de Manuel Cordo Boullosa.
Galería de imaxesEditar
Busto en homenaxe a Manuel Cordo Boullosa.
NotasEditar
- ↑ 1,0 1,1 Decreto 219/1998, do 2 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Pontevedra.
- ↑ IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor estatístico de Galicia" (en galego). Consultado o 26 de febreiro de 2023.
- ↑ Fernández de la Cigoña Núñez, E.: Esmoleiros e petos de ánimas da provincia de Pontevedra. Ir Indo, 1998.
Lugares e parroquiasEditar
Lugares de CaritelEditar
Lugares da parroquia de Caritel no concello de Ponte Caldelas (Pontevedra) | |
---|---|
A Pousa | Caritel | Fraga | O Coto | O Portasouto |
Parroquias de Ponte CaldelasEditar
Véxase taménEditar
Outros artigosEditar
Ligazóns externasEditar
- Xesús Ferro Ruibal: Caritel (RAG: O Seminario de Onomástica responde, 4.05.2023)