Manuel Hernández y Álvarez Reyero

arquitecto español


Manuel Hernández y Álvarez Reyero, nado en León o 17 de marzo de 1864 e finado en Soria o 18 de xullo de 1933, foi un arquitecto español vinculado á arquitectura civil da cidade de Santiago de Compostela. A el débese en boa medida a transición da arquitectura de comezos do século XX cara ao modernismo.

Infotaula de personaManuel Hernández y Álvarez Reyero

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento17 de marzo de 1864 Editar o valor em Wikidata
León, España Editar o valor em Wikidata
Morte18 de xullo de 1933 Editar o valor em Wikidata (69 anos)
Soria, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónarquitecto Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Hérnandez era fillo do enxeñeiro de camiños Manuel Hernández Muñoz e de Ninfa Álvarez Reyero.[1] Comezou os estudos de arquitectura en Madrid en 1883.

 
Igrexa de Santo André, Astorga.

Tras presentar o proxecto de fin de carreira "Bolsa para Madrid" recibiu o título de arquitecto en 1892.[1] O seu primeiro traballo foi o de arquitecto auxiliar na Xefatura de Construcións Civís da zona do noroeste, onde acadou en 1895 o nomeamento de vocal. Entre 1894 y 1896 exerceu como arquitecto municipal de León, onde proxectou o ensanche da cidade. Este traballo favoreceu que accedera ó cargo de arquitecto diocesano de Astorga, onde proxectou a igrexa de San Andrés e en 1896 foi director de obra do Palacio Episcopal de Astorga, deseñado por Antoni Gaudí.[1] En 1898 conseguiu unha medalla de prata na Exposición Nacional de Belas Artes. Radicouse en Santiago de Compostela[2] en 1899 como arquitecto diocesano da Arquidiocese de Santiago de Compostela (cargo que ocupou ata 1914). Encargouse das obras da igrexa de Santa Lucía da Coruña,[1] e foi ademais profesor de debuxo na Escola de Artes e Oficios de Santiago. Desde 1909 foi socio da Sociedade Española de Historia Natural.[3] En 1910 abandonou a cidade para ocupar a praza de arquitecto municipal de Cáceres.[1]

Durante os seus anos en Santiago de Compostela tamén exerceu como arquitecto municipal, entre 1899 e 1910. Un importante número de vivendas da época asinadas por el mostran un estilo ecléctico e gusto modernista. Exemplos claro son a vivendas do número 17 da rúa do Castro na esquina coa Travesa da Universidade, de 1906 (aínda en pé), e tamén a do número 8 da rúa do Hórreo, de 1909 (hoxe derrubada).[4] Seu foi tamén o deseños do pavillón destinado a acoller o Centro Galego da Habana na cidade durante a celebración da Exposición Rexional de 1909.[5]

Outros traballos seus foron o proxecto da igrexa neogótica situada en Caritel (Ponte Caldelas) (1903-1916), os cines Odeón e Royalty de Vigo (1916), a reconstrución en estilo gótico das fachadas das igrexas de Santiago de La Coruña (1897-1912) e Betanzos (1898-1901).[6]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Fernández Fernández, Xosé (1998). Miscelánea coruñesa (en castelán). Librería Arenas. p. 141. ISBN 84-921240-7-5. 
  2. Resumen de Arquitectura. Revista de la Sociedad Central de Arquitectos, nº 2, do 1 de febreiro de 1899, páx. 23 (en castelán).
  3. Boletín de la Sociedad Española de Historia Natural n.º 10, 1910, p. 23.
  4. Vázquez Astorga, Mónica (2009). "Santiago de Compostela: lenguajes arquitectónicos y su reinterpretación en los primeros treinta años del siglo XX" Anuario Brigantino, nº 32, páx. 353 (en castelán).
  5. Gallaecia Fvlget: (1495-1995): cinco séculos de historia universitaria, Universidade de Santiago de Compostela, 1995, páx. 462. ISBN 84-8121-304-7.
  6. Sánchez García, Jesús Ángel. "Manuel Hernández y Álvarez Reyero". Diccionario Biográfico electrónico. Real Academia da Historia. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar