Tourón, Ponte Caldelas
parroquia civil do concello de Ponte Caldelas
Santa María de Tourón é unha parroquia que se localiza no concello pontevedrés de Ponte Caldelas. Segundo o IGE en 2016 tiña 1099 habitantes (536 homes e 563 mulleres) distribuídos en 6 entidades de poboación.
Tourón | |
---|---|
![]() Igrexa de Santa María de Tourón. | |
Concello | Ponte Caldelas[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°24′07″N 8°31′44″O / 42.40194444, -8.52888889Coordenadas: 42°24′07″N 8°31′44″O / 42.40194444, -8.52888889 |
Área | 17,05 km² |
Poboación | 1099 hab. (2016) |
Densidade | 64,46 hab./km² |
Entidades de poboación | 6[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Xeografía e patrimonioEditar
Esta parroquia é a máis próxima a Pontevedra e linda con ese concello na parroquia de Marcón. Está atravesada pola estrada PO-532, tramo da antiga C-531.
Hai varios petróglifos da Idade de Bronce, nos que predominan figuras animais (cabalos e cervos), circulares e cornixas.
Na parroquia está o polígono industrial da Reigosa, anexo ao polígono industrial do Campiño. O punto de maior elevación é o monte do Pé da Moa, de 595 metros.
Galería de imaxesEditar
Capela de Santa Ana, no lugar de Buchabade.
Lugares e parroquiasEditar
Lugares de TourónEditar
Lugares da parroquia de Tourón no concello de Ponte Caldelas (Pontevedra) | |
---|---|
Buchabade | Contixe | Mirón | A Reigosa | Tourón | Vilarchán |