Abrir o menú principal

Coordenadas: 42°24′45″N 08°36′52″O / 42.41250, -8.61444

Marcón
Marcón.jpg
Igrexa de San Miguel de Marcón.
ConcelloPontevedra
Área9,16 km²
Poboación2105 hab. (2017)
Densidade229,8 hab./km²
Entidades de poboación13

San Miguel de Marcón é unha parroquia do concello de Pontevedra. Segundo o padrón municipal (INE) en 2017 tiña 2.105 habitantes (1.012 homes e 1.093 mulleres), 15 menos ca no ano anterior.

Índice

XeografíaEditar

A parroquia sitúase ao pé do monte da Fracha (545 m). Limita coa Canicouva, Tomeza, Bora, Mourente e Tourón. Está atravesada polo río de Pintos, afluente do río dos Gafos.

No seu momento pertenceu ao concello de Mourente.

PatrimonioEditar

A súa igrexa parroquial (do século XX, que mestura estilos románico e gótico), a casa reitoral e a ponte do Couto son as mostras máis destacadas do seu patrimonio monumental. A fonte dos Bañiños é de augas medicinais.

No campo de fútbol do Carrasco xoga o Marcón Atlético, e pola parroquia discorre a proba de rally Subida Cidade de Pontevedra, que remata no polígono industrial do Campiño.

FestasEditar

A parroquia celebra as festas de San Miguel os días 29 e 30 de setembro e 1 de outubro.

Lugares e parroquiasEditar

Véxase taménEditar