Casa reitoral

construción asignada ao cura dunha parroquia

Casa reitoral, (popularmente chamada a casa do cura) é o nome co que se coñece a vivenda asignada ao sacerdote cristián dunha parroquia. A casa non lle pertence a el, senón que é titularidade da Igrexa, que lla asigna mentres oficia o sacerdocio nese lugar.

Casa reitoral ao carón da Capela de Santo Antón de Vilariño, en estado de abandono.

En Galicia, as casas reitorais están habitualmente construídas ao carón das igrexas, e é frecuente atopar na mesma zona a igrexa, a casa reitoral e o campo da festa, formando o punto de encontro tradicional nas vilas galegas. Co despoboamento do rural e a asignación de varias parroquias a un sacerdote, moitas casas reitorais atópanse a día de hoxe en estado de abandono.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar