Casa reitoral de Cambados

construción en Fefiñáns, Cambados

A casa reitoral de Cambados é un edificio do século XVIII que tradicionalmente serviu coma residencia dos sacerdotes católicos en Cambados. A vivenda atópase situada na rúa San Gregorio, no barrio de Fefiñáns, e dispón de baixo e dous pisos.

Fachada da Casa reitoral de Cambados

Situación e uso editar

En outubro do 2008, a comisión municipal de Patrimonio do Concello de Cambados autorizou a reforma do inmoble [1], que fora remodelado por última vez a fináis dos anos setenta. O obxectivo desta reforma é arranxar o tellado e variar a distribución interna do edificio, co obxectivo de que ademais do seu uso coma vivenda poida acoller tamén reunións da parroquia, así coma mellorar a instalación eléctrica e a de fontanería. A autorización era necesaria para comezar as obras posto que a casa goza de protección especial.

As dúas plantas superiores serán destinadas á vivenda do párroco, mentres que na planta baixa habilitaranse espazos de reunión para membros da comunidade católica cambadesa, así coma para asociacións vinculadas á Igrexa Católica, coma é o caso de Cáritas. Ademais, está previsto instalar vitrinas para expoñer permanentemente os obxectos de valor cos que conta a parroquia.

Peculiaridade editar

A casa reitoral de Cambados ten a peculiaridade con respecto ás demais de Galicia de atoparse separada da igrexa, que se atopa no centro de Cambados a varios centos de metros de distancia. Crese que o motivo é que antigamente a igrexa era a de Santa Mariña e que, e ao trasladarse á actual Igrexa de San Francisco, que daquela era un convento, a parroquia quedou sen casa reitoral. Para suplir esta carencia, un veciño de Fefiñáns doou o actual edificio.

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar