Tourón, Tourón, Ponte Caldelas

lugar da parroquia de Tourón no concello de Ponte Candelas

Tourón é un dos núcleos da parroquia homónima do concello de Ponte Caldelas. Ten 230 veciños segundo o INE no ano 2007.

Tourón
ParroquiaTourón
ConcelloPonte Caldelas
Poboación182 hab. (2017)

LocalizaciónEditar

A vila é atravesada pola PO-532. Básicamente son dúas rúas amplas: a antiga estrada e a actual que se separan e volven a xuntarse nos extremos do poboamento. Dista doce quilómetros de Pontevedra

PatrimonioEditar

Os petróglifos de Tourón son o principal atractivo turístico. Conta cun museo, e ofrécense visitas guiadas polos 150.000 metros cadrados de extensión da área de gravados. A igrexa de Santa María de Tourón, do século XII (con fachada do século XVIII) é outro lugar destacado.

Destaca tamén o Pazo de Pombal, construído no 1688, no cal residían os comisarios da Inquisición. Actualmente é de propiedade privada.

Lugares e parroquiasEditar

Lugares de TourónEditar

Lugares da parroquia de Tourón no concello de Ponte Caldelas (Pontevedra)

Buchabade | Contixe | Mirón | A Reigosa | Tourón | Vilarchán

Parroquias de Ponte CaldelasEditar

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Ponte Caldelas

Anceu (Santo André) | Caritel (Santa María) | Castro Barbudo (Santa María) | Forzáns (San Fiz) | A Insua (Santa Mariña) | Ponte Caldelas (Santa Eulalia) | Taboadelo (Santiago) | Tourón (Santa María) | Xustáns (San Martiño)