Vilarchán, Tourón, Ponte Caldelas
Vilarchán é unha aldea da parroquia de Santa María de Tourón, no concello pontevedrés de Ponte Caldelas. Segundo o IGE, no ano 2007 tiña 292 habitantes (135 homes e 157 mulleres), o mesmo número que no ano anterior. Localízase a carón do alto do Pé da Moa (595 m).
Vilarchán | |
---|---|
![]() Igrexa de San Miguel. | |
Parroquia | Tourón |
Concello | Ponte Caldelas |
Poboación | 326 hab. (2017) |
[ editar datos en Wikidata ] |
Entre os seus edificios destaca a capela románica de San Miguel, do ano 1160. Ten un espazo de terreo que facía antigamente de camposanto utilizado mesmo polos veciños de Caroi (Cerdedo-Cotobade).
As súas festas celébranse na derradeira fin de semana do mes de xullo, na honra da súa patroa, a Virxe dos Remedios de Vilarchán.
Conta tamén cunha antiga e restaurada Casa da Sociedadade, construída polos habitantes de Vilarchán, e tamén das aldeas dos arredores (Contixe, Mirón e A Reigosa). Despois da guerra civil foi requisada polas autoridades franquistas e convertida en Casa-Escola de ensino primario. Na transición, xa en estado ruinoso, foi devolta á poboación. Foi reconstruída polos lugares e aldeas da parroquia que participaran na súa construción (agás A Reigosa, que renunciou), e na actualidade funciona como Casa do Pobo de Vilarchán, Mirón e Contixe.
Galería de imaxes
- Artigo principal: Galería de imaxes de Tourón, Ponte Caldelas.
Lugares e parroquias
Lugares de Tourón
Lugares da parroquia de Tourón no concello de Ponte Caldelas (Pontevedra) | |
---|---|
Buchabade | Contixe | Mirón | A Reigosa | Tourón | Vilarchán |