Arquitectura neogótica

movemento xurdido no século XIX, a imitación do gótico medieval

O estilo arquitectónico neogótico refírese ao movemento xurdido no século XIX, pexorativamente denominado como pseudogótico, consistente na arquitectura realizada a imitación da gótica medieval. Polo seu común rexeitamento ao racionalismo neoclásico, é un estilo ligado ao romanticismo, e polas súas implicacións políticas, co nacionalismo. Como arquitectura historicista é unha reelaboración que reproducía a linguaxe arquitectónica propia do estilo gótico con formas máis ou menos xenuínas.

Igrexa de Santiago, Mondoñedo.[1]

Apareceu en Inglaterra a mediados do século XVIII. No século XIX a Europa continental viviu unha auténtica febre neogótica que restaurou e completou catedrais, como a de Barcelona. En 1836 construiríase neste estilo o Parlamento de Londres. En Francia destacou o labor restauradora e reconstrutora do francés Eugène Viollet-le-Duc.

Galería de imaxes do neogótico en Galicia

editar
  1. Igrexa Nova de Santiago. Mondoñedo
  2. Igrexa de Santiago de Vigo
  3. Igrexa Parroquial de San Miguel de Ponteareas
  4. "A Guarda. Patrimonio". Arquivado dende o orixinal o 30 de xuño de 2015. Consultado o 22 de novembro de 2015. 
  5. "A Devesa". Arquivado dende o orixinal o 22 de novembro de 2015. Consultado o 22 de novembro de 2015. 
  6. Iglesia de San Benito de Gondomar

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar