Igrexa de San Pedro de Angoares

construción relixiosa en Angoares, Ponteareas

A igrexa de San Pedro de Angoares é a igrexa parroquial de Angoares, no concello de Ponteareas. É un templo románico.

Igrexa de San Pedro de Angoares
Fachada da igrexa, coa torre neogótica engadida posteriormente
PaísEspaña
LocalizaciónAngoares (Ponteareas)
Coordenadas42°09′57″N 8°30′12″O / 42.16583333, -8.50333333Coordenadas: 42°09′57″N 8°30′12″O / 42.16583333, -8.50333333
editar datos en Wikidata ]

Descrición editar

Ten a súa orixe nun mosteiro probablemente visigodo[1]. No século XII construíuse a igrexa románica como un edificio de planta de cruz latina e testeiro recto. A antiga fachada románica desapareceu logo dunha reforma feita en 1900. A actual, de estilo neogótico, carece de valor arquitectónico.

É destacable a colección de canzorros antropomorfos e zoomorfos (coma cuadrúpedes, cabezas de bóvidos e outros animais). Algúns dos personaxes esculpíronse sentados coas mans suxeitando a cabeza, como se estivesen meditando.

No muro norte da ábsida consérvase unha banda prerrománica e unha lousa con decoración de lacería que se conserva na sancristía.

Galería de imaxes editar

Notas editar

  1. "Igrexa parroquial de San Pedro de Angoares". turismo.gal. Consultado o 8 de xaneiro de 2018. 

Véxase tamén editar