No catolicismo, o sagrario[1] ou tabernáculo[2] é o lugar onde se garda a sagrada hostia nos templos.[1]

Sagrario da Colexiata de Santa María a Real do Sar, en Santiago de Compostela.

Historia editar

Engádese con frecuencia ao retablo. Ademais, pode terse como parte integral deste desde o século XV. Antes desta práctica, empregábase o reservado, sobre todo na era das persecucións gardábase o sacramento en lenzos ou en caixiñas que os fieis levaban ás súas casas. Na época constantiniana e nos séculos posteriores inmediatos, suspendíase nunha caixa de ouro sobre o altar e pendente do baldaquino ou se colocaba esta en un nicho da ábsida na sancristía ou simplemente sobre o altar.[3]

Máis adiante, cando se estableceron os retablos fixos, púñase nun sagrario detrás do retablo. Nalgunhas igrexas importantes, como as catedrais da Coroa de Aragón, colócase nun alto camarín detrás do retablo, perforándose este nun gran espazo ovalado e cuberto con vidros para que a través deles se vexa de lonxe a luz que ilumina o mencionado camarín. No estudo da historia inflúe moito, porque nos conta a historia do mundo no tempo de edificación do templo ao que pertence.

Algúns sagrarios adoitan ter na parte superior un dosel ou fornelo, o cal é diáfano e abovedado, chamado manifestador ou exporitorio, utilizado para expor no seu interior, de forma temporal ou permanente, o Santísimo Sacramento (hostia consagrada aloxada na custodia ou ostensorio).

Referencias editar

  1. 1,0 1,1 "Dicionario". Real Academia Galega. Consultado o 2023-09-21. 
  2. "Dicionario". Real Academia Galega. Consultado o 2023-09-21. 
  3. "Tabernacle" en la Catholic Encyclopedia