Colexiata de Santa María a Real do Sar

templo relixioso en Sar, Santiago de Compostela

A colexiata de Santa María a Real do Sar[1] é un templo románico con casa de cóengos anexa fundado como mosteiro da regra de Santo Agostiño a carón do río Sar, en Santiago de Compostela.

Colexiata de Santa María a Real do Sar
Restos do claustro románico entre os contrafortes da igrexa.
PaísEspaña
LocalizaciónSar (Santiago de Compostela)
Coordenadas42°52′19″N 8°32′14″O / 42.871915, -8.537213
EstiloArte románica
editar datos en Wikidata ]

Historia

editar

Foi fundado por Munio Afonso, bispo dimisionario da diocese de Mondoñedo e antigo colaborador de Diego Xelmírez, quen rematou a obra trala morte de Munio en 1136. A construción comezou pola cabeceira, ao mesmo tempo que se traballaba tamén nos muros do perímetro. Porén, o proceso foi lento e complexo e precisou de importantes modificacións e reconstrucións nos séculos XVI, XVIII e XX.

 
Capela maior da igrexa.

A función do cenobio era a de servir de lugar no que os vellos cóengos puidesen retirarse, e para iso concedíanselle xenerosos privilexios e doazóns que fixeron que a institución funcionase ata o século XVII. A partir de entón comezou un lento proceso de declive ata transformarse en templo parroquial no ano 1867.

Descrición

editar

O trazo máis sobranceiro deste edificio e o que o fai singular entre todos os de Galicia é a fortuíta e pronunciada inclinación dos seus muros e piares. Paralelo ao muro sur do templo consérvase parte dun dos lados do claustro medieval, destacado exemplo do románico compostelán de tempos do arcebispo Xoán Arias. Na igrexa e no claustro consérvase unha importante colección de sarcófagos, dos que o máis antigo é o do arcebispo Bernardo, que, retirado en Sar, morreu no ano 1240.

 
Interior.

No interior do templo atópase o Museo de Arte Sacra de Santa María a Real de Sar, con pezas que amosan a vida desta comunidade monástica ao longo dos séculos.

Galería de imaxes

editar

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar