Laxoso de Abaixo, Ponte Caldelas, Ponte Caldelas
Laxoso de Abaixo é unha localidade que pertence a parroquia de Santa Eulalia de Ponte Caldelas no concello de Ponte Caldelas. Segundo o IGE en 2009 tiña 135 habitantes (68 homes e 67 mulleres).
Laxoso de Abaixo | |
---|---|
Parroquia | Ponte Caldelas |
Concello | Ponte Caldelas |
Poboación | 99 hab. (2017) |
Limita ao norte con Aguasantas pertencente ao concello Cerdedo-Cotobade e cara ao leste co concello da Lama. Pódese chegar pola estrada PO-534 (Ponte Caldelas-Aguasantas) e sitúase a 3 km de Ponte Caldelas, capital do concello.
O nome desta pequena identidade local provén da grande abundancia de laxes (pedras) que existen no seu terreo. Un dos seus maiores atractivos son as vistas que ofrece cara ao alto do Pé da Múa.
Por aquí discorre a ruta de sendeirismo das Almiñas e do Foxo do Lobo (Os pasos da Fraga).
Lugares e parroquiasEditar
Lugares de Ponte CaldelasEditar
Lugares da parroquia de Ponte Caldelas no concello de Ponte Caldelas (Pontevedra) | |
---|---|
Caldelas | Ponte Caldelas | Laxoso de Arriba | Laxoso de Abaixo | Cuñas | Pazos | Gradín | Parada | Paradela | Sorreira |