Laxoso de Arriba, Ponte Caldelas, Ponte Caldelas
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Laxoso.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Arriba.
Laxoso de Arriba é unha localidade que pertence a parroquia de Santa Eulalia de Ponte Caldelas no concello de Ponte Caldelas. Segundo o IGE en 2009 tiña 96 habitantes (54 mulleres e 42 homes).
Laxoso de Arriba | |
---|---|
Parroquia | Ponte Caldelas |
Concello | Ponte Caldelas |
Poboación | 75 hab. (2017) |
Limita ao norte con Aguasantas pertencente ao concello Cerdedo-Cotobade e cara ao leste co concello da Lama. Pódese chegar pola estrada PO-534 (Ponte Caldelas-Aguasantas) e sitúase a 3 km de Ponte Caldelas, capital do concello.
O nome desta pequena identidade local provén da grande abundancia de laxes (pedras) que existen no seu terreo. Un dos seus maiores atractivos son as vistas que ofrece cara ao alto do Pé da Múa.
Lugares e parroquiasEditar
Lugares de Ponte CaldelasEditar
Lugares da parroquia de Ponte Caldelas no concello de Ponte Caldelas (Pontevedra) | |
---|---|
Caldelas | Ponte Caldelas | Laxoso de Arriba | Laxoso de Abaixo | Cuñas | Pazos | Gradín | Parada | Paradela | Sorreira |