Praza de Barcelos
A Praza de Barcelos é unha praza de principios do século XX situada no centro da cidade de Pontevedra, ao leste do centro histórico de Pontevedra.
Praza de Barcelos | |
---|---|
Centro da praza de Barcelos | |
Tipoloxía | praza |
Dimensións | |
Lonxitude | 110 m |
Largura | 110 m |
Área | 16 000 m2 |
Localización | |
Localidade | Pontevedra |
Código postal | 36002 |
Construción | |
Licitación | 1896 |
Inauguración | 1997 (reforma) |
Orixe do nome
editarA praza leva o nome da cidade portuguesa de Barcelos, coa que Pontevedra está irmandada desde 1970.[1][2]
Historia
editarNo século XIX, a feira de gando de Pontevedra, cuxos orixes se remontan á Idade Media, celebrábase no soar do actual parque das Palmeiras. A finais do século XIX, cando se construíu o pazo da Deputación de Pontevedra e creouse o parque das Palmeiras, foi necesario trasladar o campo da feira a outro lugar por falta de espazo. Tras varias polémicas, finalmente aceptouse a proposta do construtor Manuel Vidal Boullosa en 1896, ofrecendo un terreo (unha explanada) situado entre a antiga rúa Progreso ao sur (actual rúa Benito Corbal) e o muro do convento de Santa Clara ao norte, que se convertería na actual praza de Barcelos.[3] En 1898 o terreo foi comprado polo concello de Pontevedra por 40.000 pesetas.[4]
O terreo nivelouse e plantáronse plátanos para a instalación da feira e denominouse Campo da Feira, onde se celebraron feiras durante décadas desde 1900.[3]
En agosto de 1970 durante as festas da Virxe Peregrina a cidade irmandouse coa localidade portuguesa de Barcelos.[4]
En 1971 o campo da feira pasou a chamarse Praza de Barcelos, en referencia ao irmandamento de Pontevedra con esta cidade portuguesa que tivo lugar en agosto de 1970. Na década dos 70 a praza converteuse nun aparcadoiro e o mercadiño que antes se celebraba na praza da Ferrería comezou a celebrarse nela.[5][3][6] O mercado no que os comerciantes vendían os seus produtos téxtiles e alimenticios celebrouse na praza os días 1, 8, 15 e 23 de cada mes ata o 23 de setembro de 1988.[4]
Entre marzo e outubro de 1997, a praza someteuse a unha reforma completa. Construíuse un gran aparcadoiro subterráneo de tres plantas no subsolo e redeseñouse completamente a superficie. Cortáronse os plátanos e só quedou unha fileira no lado norte da praza, o máis próximo ao muro do convento de Santa Clara.[7]
En xaneiro de 1998 instalouse no lado sur da praza o Monumento á Árbore, obra do escultor José Luis Penado, para conmemorar os numerosos plátanos que foron tallados durante a construción do aparcadoiro subterráneo e a urbanización da praza.[8]
En setembro de 2016 instaláronse dúas pistas polideportivas no norte da praza á beira do muro do convento, compostas por unha cancha con canastras e porterías e unha mesa de pimpón.[9]
Descrición
editarA praza ten forma cadrada e unha superficie de 16.000 metros cadrados. Nela conflúen as rúas Rouco, Xenaro Pérez de Villamil, Vasco da Ponte, Campo da Feira, San Antoniño e Perfecto Feijoo.
A praza está disposta como unha praza axardinada, con xardíns compartimentados, camiños pavimentados, árbores, un parque infantil, unha zona central con bancos e unha fonte de pedra. O lado norte da praza está dominado polo gran muro de seis metros de altura dos xardíns do convento de Santa Clara, que está protexido como ben patrimonial.[7][10][11] No centro meridional da praza atópase o Monumento á Árbore. Representa unha grande árbore de ferro de 6 metros de altura cuxas ramas están coroadas polas típicas cristas dos galos de Barcelos.[8]
No subsolo da praza atópase o maior aparcadoiro subterráneo da cidade, con 906 prazas.[12]
No lado sur da praza hai cafeterías e nos lados este, oeste e sur hai tendas. No lado suroeste da praza está tamén o colexio público plurilingüe de Barcelos.[13]
Galería
editar-
Monumento á Árbore no lado sur da praza
-
Árbores na praza
-
Fonte na praza
-
Monumento á Árbore
-
Lado norte da praza
Notas
editar- ↑ "Pontevedra apenas rentabiliza sus lazos con otras localidades". La Voz de Galicia (en castelán). 10 de decembro de 2015.
- ↑ "Pontevedra refuerza sus lazos fraternales con Barcelos, Portugal". Galicia Press (en castelán). 19 de setembro de 2015.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 "De Las Palmeras a Monte Porreiro". La Voz de Galicia (en castelán). 28 de novembro de 2010.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 "Barcelos, plaza de hermanamiento". Diario de Pontevedra (en castelán). 29 de xaneiro de 2023.
- ↑ "La Audiencia ratifica que la plaza de Barcelos es pública". La Voz de Galicia (en castelán). 7 de novembro de 2017.
- ↑ "El cambio de uso de Barcelos como campo de la feria provocó un pleito de reversión". La Voz de Galicia (en castelán). 28 de novembro de 2010.
- ↑ 7,0 7,1 "La plaza de Barcelos de Calatrava". La Voz de Galicia (en castelán). 27 de agosto de 2020.
- ↑ 8,0 8,1 "La nueva vida de la plaza de Barcelos". La Voz de Galicia (en castelán). 21 de outubro de 2019.
- ↑ "Inician la instalación de las pistas polideportivas en la Praza de Barcelos". Diario de Pontevedra (en castelán). 1 de setembro de 2016.
- ↑ "El alcalde se interesa por conectar los jardines de Santa Clara con Barcelos pero afirma que el acuerdo con las clarisas "vai lento"". Pontevedra Viva (en castelán). 17 de xullo de 2020.
- ↑ "Pontevedra ya habló oficiosamente con Patrimonio sobre el muro de Santa Clara". La Voz de Galicia (en castelán). 24 de setembro de 2021.
- ↑ "Pontevedra es la ciudad gallega con el aparcamiento de pago más barato". Diario de Pontevedra (en castelán). 21 de xullo de 2021.
- ↑ "El colegio de Barcelos se suma a otros 17 centros y ya tiene un mural sobre su historia". Pontevedra Viva (en castelán). 16 de outubro de 2021.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Praza de Barcelos |
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Praza de Barcelos na web Turismo de Galicia