Forxa
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Forxa (homónimos).
A forxa é un proceso de conformado de materias férreos por medio do uso combinado de calor e presión. Este procedemento provoca un aliñamento das impurezas do material mellorando as súas propiedades na dirección perpendicular ao esforzo. Tradicionalmente a peza de ferro ou aceiro previamente aquecida na fragua era sostida polo ferreiro coas pinzas e golpeada cun martelo contra a bigornia. Isto hoxe só se fai en produción artesanal: o máis normal é utilizar prensas hidráulicas. Os procesos de embutido e laminación tamén se basean neste principio.