O martelo é unha ferramenta utilizada para golpear un obxectivo, causando o seu desprazamento ou deformación. O seu uso máis común é para cravar, calzar partes ou romper obxectos. Os martelos son a miúdo deseñados para un propósito especial, polo que os seus deseños son moi variados.

Un martelo pequeno de unlla.

A forma básica do martelo consiste dun mango ou cabo (comunmente de madeira) cunha cabeza pesada (comunmente de metal) no seu extremo. Os martelos son utilizados en diferentes profesións e é unha das ferramentas básicas xunto co coitelo.

Ó igual que o coitelo, o martelo é tamén unha arma contundente. O concepto de pór un mango a un peso para facilitar o seu uso produciu algunhas das primeiras ferramentas ou armas producidas polos seres humanos.

Historia do martelo

editar

Os primeiros martelos datan da Idade de Pedra do ano 8000 denantes da era común;[1][2] estes martelos constaban dunha pedra atada a un mango con tiras de coiro. Máis tarde, no ano 4000 a. e. c., co descubrimento do cobre, os romanos comezaron a fabricar a cabeza dos martelos con este material. Despois, no ano 3500 a. e. c., durante a Idade de Bronce fabricáronse con este material. Tempo despois apareceron os martelos con orificios para o mango.

  1. Semaw, S., M. J. Rogers, J. Quade, P. R. Renne, R. F. Butler, M. Domínguez-Rodrigo, D. Stout, W. S. Hart, T. Pickering, S. W. Simpson. 2003. 2.6-Million-year-old stone tools and associated bones from OGS-6 and OGS-7, Gona, Afar, Ethiopia. J. of Human Evolution 45:169-177.
  2. 2.5-million-year-old stone tools from Gona, Ethiopia, S. Semaw, P. Renne, J. W. K. Harris, C. S. Feibel, R. L. Bernor, N. Fesseha, K. Mowbray, Nature 385, 333-336 (23 de xaneiro de 1997) doi 10.1038/385333a0; visto 25 de novembro de 1996.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar