Abrir o menú principal

Andrés García de la Riba Colombo, coñecido como Andrés Colombo, nado en Pontecesures o 23 de xuño de 1911 e finado en Valencia en 1991, foi un pintor e debuxante galego.

Andrés Colombo
Nacemento1911
 Pontecesures
Falecementopost. 1991
 Valencia
NacionalidadeEspaña
editar datos en Wikidata ]

Índice

TraxectoriaEditar

Foi militante de Izquierda Comunista e secretario do Sindicato de Oficios Varios de Padrón (UGT) durante a Segunda República e pasou algúns meses na cadea a resultas da súa intervención nas accións solidarias coa frustrada folga xeral revolucionaria de 1934. Marcha a Madrid en novembro de 1934 e regresa a Galicia en febreiro de 1936. Colaborou cos seus deseños en El Pueblo Gallego e na revista madrileña Nosotros. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 marcha a Vigo coa idea de sair do país. Ao non conseguilo estivo refuxiado em Baños de Molgas atá que decidiu instalarse en Zaragoza, onde conseguiu documentación falsa grazas á axuda do falanxista padronés Ubaldo Pazos. Logrou pasar á zona leal en Aragón o 1 de novembro de 1937 e chegar a Valencia. Loitou no bando republicano integrado nas Milicias do POUM e ao seu remate pasou a Francia, onde estivo internado no campo de concentración de Argelès-sur-Mer. Abandonou o debuxo e a pintura e colaborou nas actividades antifranquistas como enviado da IV Internacional ata que foi detido en Xirona en 1947. En 1965 retornou a España e instalouse en València, onde retomou a pintura. A súa obra inscríbese na corrente surrealista. Os seus debuxos inciden na busca do volume. A súa obra está no Museo de Lugo e no Museo de Arte Contemporánea Carlos Maside de Sada.

Véxase taménEditar