Lito Portela
José Ángel Portela Calvar, máis coñecido como Lito Portela, nado en Coiro (Cangas) en 1958, é un pintor e escultor galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1958 ![]() Coiro, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | escultor, pintor ![]() |
Premios | |
| |
![]() ![]() |
Traxectoria
editarLito Portela mudouse de novo coa súa familia á parroquia de Tirán, no concello de Moaña.
Estilo
editarCando pintaba ao óleo con cores terra e verdes marcaba as pegadas das follas das árbores nos seus cadros. Despois pasou á escultura; súa é a caracola de aceiro inoxidable da Costa da Vela (Cabo Home) en Donón. As súas últimas obras mostran formas que fan referencia ao mar: mexillóns, flotadores, ourizos de mar, ovos de raia... Adoita utilizar como material poliéster cromado con esmalte metalizado, como o dos coches.
Lito Portela pertence ao colectivo A carón do mar, formado por artistas do Morrazo. Dispoñen dun local en Cangas e organizan actos relacionados co mundo da arte e da pintura, en particular.
Obras
editarA súa obra xa percorreu diversos museos e salas de exposición en Galicia e fóra dela.
Exposicións individuais
editar- Galería Apo'strophe en Vigo.
- Galería Metro en Santiago.
- Galería E M C en Santiago.
- Galería A carón do Mar en Cangas.
- Galería Sargadelos de Vigo.
- Galería Minotauro en Santiago.
- Galería Sargadelos de Ourense.
Exposicións colectivas
editar- Exposición itinerante Proxecto Home.
- Art Madrid. Galería Metro. Madrid
- Ponte da Lima. Portugal
- Dez Anos de Arte no Morrazo. Cangas.
- Parlamento de Europa. Bruxelas.
- Evento 6.0. Porto.
- Sentidos gratis”. Coímbra.
- Expolemos. Monforte.
- Exposalnés. Cambados
- Bienal Internacional de Vilanova de Cerveira.
- IV Bienal Pintor Laxeiro de Lalín.
- Galería Obelisco. A Coruña.
- Galería Sargadelos. Pontevedra.
Museos e Coleccións
editar- Deputación de Pontevedra
- Colección Caixa Vigo, Pontevedra.
- Museo Ramón Aller, Lalín, Pontevedra.
Obra pública
editar- Escultura Buguina en Donón.
- Escultura Follas no edificio Avenida de Cangas.
- Colaboración con X. Ríos en Barcos, Cangas.
- Escultura Igualdade, nos xulgados de Cangas.
- Colaboración con X. Ríos en Avión, Moaña.
- Roseira brava no barrio do Rosal, Moaña.
Recoñecementos
editarEn 1991 recibiu unha bolsa de Novos Valores da Deputación de Pontevedra.
Premios:
- 1º Premio Certame de Pintura do Concello de Tui (Pontevedra). Ano 1994.
- 1º Premio de II Bienal Albariño Gran Bazán. (Pontevedra). Ano 1995.
- 3º Premio Ademar Champañat. Ano 1996.
- 1º Premio de Pintura Artistas do Morrazo. Cangas. (Pontevedra). Ano 1997.
- 1º Premio Conxemar de Pintura. Vigo (Pontevedra). Ano 2004
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lito Portela |