Manuel Coia

escultor galego (1940-2017)
(Redirección desde «Manuel Coia Franco»)

Manuel Coia Franco, nado no Hio (Cangas) en 1940 e finado en Vigo o 5 de xuño de 2017,[1] foi un escultor galego.

Infotaula de personaManuel Coia
Biografía
Nacemento1940 Editar o valor em Wikidata
O Hío, España Editar o valor em Wikidata
Morte5 de xuño de 2017 Editar o valor em Wikidata (76/77 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónEscola Municipal de Artes e Oficios de Vigo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescultor , mariño Editar o valor em Wikidata
MovementoExpresionismo Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata
Escultura Galeon en Cangas.

Traxectoria editar

Criouse nun ambiente mariñeiro, participou na vida do mar activamente e coñeceu a súa dureza e aventura cotiá en barcos de pesca por mares de todo o mundo.

A súa formación é autodidacta. A madeira é a súa materia habitual. Asistiu a certames colectivos como os da Praza da Princesa, en Vigo, onde empezou a ser coñecido a principios da década de 1970. Realizou algunhas exposicións individuais en cidades de Galiza, España e o estranxeiro.

Residiu moito tempo no Brasil, onde tomou contacto con outras concepcións da arte. Por fin volve a Galiza para traballar en silencio e sorprender periodicamente, con obras que son un berro, unha denuncia, case un panfleto. As esculturas de Coia son pura síntese. Está representado en museos de Pontevedra e Vigo, así como en importantes coleccións particulares.

Museos e coleccións que teñen obra súa editar

Obra Pública editar

  • O soño do emigrante (1994) Faro de Punta Nariga, Malpica de Bergantiños.
  • O galeón (1 de maio de 2001)[2] Peirao de Ojea, Cangas.
  • O pensador (2015) Praza de San Xosé, Cangas.
  • Os mexillóns. Rotonda de Pedra Alta, Cangas.
  • As pombas. Paseo marítimo, Cangas.

Notas editar

  1. Manuel Coia
  2. Lamas, Jorge (2 de febreiro de 2007). "«El Galeón» de Coia se alza sobre un «con» en el puerto de Cangas". La Voz de Galicia. Consultado o 4 de xaneiro de 2019. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar