Abrir o menú principal

Antonio Quesada

pintor galego
(Redirixido desde "Antonio Quesada Porto")

Antonio Quesada Porto, nado en Ourense o 14 de xuño de 1932 e finado en Vigo o 26 de xaneiro de 2015, foi un pintor galego.[1]

Antonio Quesada
Nacemento1 de xuño de 1932
 Ourense
Falecemento26 de xaneiro de 2015
 Vigo
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpintor
IrmánsFernando Quesada e Xaime Quessada
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Naceu nunha familia, a Quesada, composta por máis dunha vintena de artistas plásticos e debuxantes, como Xaime Quesada, Carlos Quesada ou Fernando Quesada, todos eles irmáns de Antonio. Profesionalmente dedicouse á administración pública, e foi funcionario de Facenda. En 1953 consegue praza en Zamora, onde vivirá e comezará a pintar. Na cidade leonesa coñece o pintor Antonio Pedrero e os poetas Claudio Rodríguez García e Jesús Hilario Tundidor.

Casa en Zamora e permanece na cidade ata que se traslada en 1966 a Vigo, onde residirá o resto da súa vida.

Pintor abstracto, destacou como paisaxista, con obras que combinan manchas de cores e nas que dificilmente se poden recoñecer elementos concretos. As súas técnicas artísticas máis cultivadas son o óleo (sobre lenzo ou madeira), e a serigrafía. Hai obra súa no Museo Municipal Quiñones de León, o Museo de Belas Artes da Coruña, o Museo Municipal de Ourense, o Bello Janeiro de Ferrol e o de Toledo, e en varias coleccións privadas e institucións públicas.[2]

NotasEditar

  1. "Fallece el artista Antonio Quesada". La Región (en castelán). 27/1/2015. Arquivado dende o orixinal o 27/01/2015. Consultado o 27/01/2015. 
  2. Pablos, Francisco de et al.: Artigo "QUESADA PORTO, Antonio" en Gran Enciclopedia Galega.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar