Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo
A Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo (EMAO), tamén coñecida como Universidade Popular, é un organismo autónomo dependente do Concello de Vigo, adicado a formación gratuíta disciplinas e oficios artísticos.
Escola Municipal de Artes e Oficios | |
---|---|
Fachada da Rúa Pontevedra | |
Enderezo | |
Rúa García Barbón, 5, Vigo | |
Datas | |
Creación | 1885 |
Educación | |
Ensinanzas | Artísticas |
Xestión | |
Tipo | Escola de artes e oficios |
Concello de Vigo | |
Outros nomes | |
EMAO, Universidade Popular | |
Na rede | |
hoxe.vigo.org |
Historia
editarA escola foi fundada en 1885 pola Sociedade de Socorros Mutuos La Cooperativa, por iniciativa do seu residente de honra e exministro Eduardo Chao, e foi inaugurado o 26 de setembro de 1886. O seu obxectivo era o de facilitar a educación de mulleres e obreiros e outros colectivos que tiñan difícil acceso a instrución elemental. En 1888, co fin de facilitar o financiamento do centro, entregou a titularidade da escola ao concello vigués. En 1890 [1] (en 1897 segundo outras fontes)[2], José García Barbón encargou o arquitecto Michel Pacewicz o deseño dun edificio que albergara a escola, que se inaugurou en 1900. O edificio posteriormente foi doado a cidade a condición de que o ensino alí impartido fose gratuíto e que o concello da cidade xestionase o edificio. Tamén doou unha biblioteca de 5.000 volumes que se situou no edificio.
Nos primeiros anos a formación impartida incluía aritmética, xeometría, debuxo lineal e artístico, esterotomía e música para os homes; para as mulleres as materias eran caligrafía, aritmética, teneduría, corte e confección.
Ata o franquismo a institución continuou coa súa filosofía, pero posteriormente adoptou o seu programa o ensino regrado, e máis adiante ampliou a súa oferta a novas expresións artísticas e a novas necesidades formativas.
A partir dos anos 70 a Escola pasou a chamarse Universidade Popular de Vigo, seguindo modelos do momento, pero no ano 2003 recuperou a súa denominación orixinal, o que lle obrigou a adaptar o seu curriculum oficial as directrices deste tipo de centros. Dende 1998 ata 2002 o edificio foi pechado por reformas, e as súas aulas foron trasladadas, sen que se interrompera a actividade.
Currículo formativo
editarActualmente, dentro do ensino regrado e homologado oficialmente están os ciclos superiores de cerámica artística, encadernación artística, gravado, técnicas de estampación e serigrafía. Dentro do ensino regrado, pero non homologado con título oficial, impártese cun plan idéntico os ciclos formativos de construción artesanal de instrumentos musicais, coas especialidades de zanfona, gaita e luthería antiga.
Fora do ensino profesional impártense aulas de pintura, debuxo, escultura e talla, moda, ourivaría, artes gráficas, repuxado en coiro e encaixe de palillos. A institución tamén tenta impartir cursos relacionados con oficios tradicionais galegos, e cursos intensivos relacionados coa filosofía do centro.
Ensinanza musical
editarOs estudos musicais teñen grande importancia dentro do currículo do centro. En 1996 nace o Conservatorio de Música tradicional, dirixido por Rodrigo Romaní. Dentro deste conservatorio inclúense cursos de interpretación musical, construcións de instrumentos ou tecnoloxías aplicadas a música. No ano 2008 o Conservatorio pasa a chamarse e-Trad (Escola Municipal de Música Folk e Tradicional de Vigo), que engloba toda a proposta educativa sobre música tradicional.
Na escola tamén xurdiron outras iniciativas importantes. En 1984 naceu a Banda de Gaitas Xarabal, que integra na súa formación un gran número de instrumentos, en resposta a variedade formativa do centro. O Grupo Didáctico de Instrumentos Musicais Populares Galegos tamén naceu no seo da institución. Dito grupo organiza concertos didácticos e ten editado un disco coa mesma intención divulgativa.
No ano 2001 xorde tamén dentro do seo a escola a orquestra de folk contemporáneo SonDeSeu, unha orquestra folk contemporánea.
Notas
editar- ↑ A Universidade Popular de Vigo recupera a súa denominación histórica e transfórmase nunha Escola de Artes e Oficios, en Culturagalega.org (vistado o 6/6/2010)
- ↑ Escola de Artes e Oficios de Vigo dentro do Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega (visitado o 6/6/2010)
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo |
Ligazóns externas
editar- Plan de Estudos oficial vixente (PEEMAO15)
- Edificios históricos, Concello de Vigo.
- Páxina oficial da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo
- Páxina oficial da Escola Municipal de Música Folk e Tradicional de Vigo (e-Trad) Arquivado 21 de novembro de 2008 en Wayback Machine.
- Blog oficial EMAO en Liña
- Historia da Escola (no seu 134 aniversario)
- Biblioteca Pública García Barbón-EMAO (Blog)