Deseño de moda
O deseño de moda é a arte aplicada dedicada ao deseño de roupa e accesorios creados baixo a influencia cultural e social dun tempo específico. Representa o estilo e idea do deseñador segundo o seu talento e coñecementos. Non debe de confundirse co corte e confección ou a xastrería, pois aínda que o deseño de modas estea moi ligado a estes, en realidade é unha tarefa distinta.
Deseñar a figura humana para que ese fin sexa logrado o máis satisfactoriamente posible.
- Fin estético: pretende crear unha resposta en quen o observa sendo a beleza o seu único eixo.
- Fin ergonómico: deseño dunha cobertura en perfecta harmonía coa fisioloxía humana, facendo que esta mellore nun ou varios aspectos.
- Fin de personalidade: mediante a cobertura suxírese un tipo de vida, inclinacións políticas, culturais, relixiosas ou de carácter.
- Fin de situación: analizando o envoltorio sitúase ao individuo nun contexto histórico e xeográfico concreto.
- Fin emotivista: mediante a imaxe que se proxecta, indúcese unha resposta emotiva
Véxase tamén
editarOutros artigos
editar Este artigo sobre moda é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |