Rodrigo Romaní
Rodrigo Romaní Blanco, nado en Noia o 16 de xullo de 1957, é un músico galego, membro durante 22 anos do grupo Milladoiro, profesor de música tradicional e director da orquestra folk SonDeSeu até o 2022.
Rodrigo Romaní | |
---|---|
Nome completo | Rodrigo Romaní Blanco |
Data nacemento | 16 de xullo de 1957 (66 anos) |
Nado en | Noia, Galicia |
Ocupación | cantante, compositor e produtor |
Xénero | Folk |
Instrumento(s) | arpa, guitarras, bouzouki e ocarina |
Relacionado con | Milladoiro |
Tempo en activo | 1979–presente |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Traxectoria editar
Romaní formou parte do grupo Milladoiro durante 22 anos, e a partir do ano 2000 deixou o seu antigo grupo para publicar discos en solitario, nos que acostuma ter colaboracións. Publicou tres discos: Albeida (2000), Cantos Caucanos (2003) e As arpas de Breogán (2012). É profesor de arpa no Conservatorio de Música Tradicional da Escola de Artes e Oficios de Vigo.
É un multi-instrumentalista (arpista, tamén toca a guitarra, o bouzouki e a ocarina), ademais de ser vocalista. Realizou arranxos instrumentais, ademais dalgunhas letras, do dúo Sete Saias. Creou un trío musical chamado Lizgairo, xunto a Anxo Pintos e Xosé Liz.
En 2013 foi elixido para representar a SGAE no consello territorial.[1]
Vida persoal editar
Irmán da poeta e xornalista Ana Romaní, vive en Albeida (Outes).
Discografía editar
- Albeida (2000)
- Cantos caucanos (2003)
- As arpas de Breogán (2012)
Notas editar
Véxase tamén editar
Ligazóns externas editar
- Chat con Rodrigo Romaní Arquivado 06 de xullo de 2007 en Wayback Machine.
- Vídeo musical: Albeida