Xabier Correa Corredoira

escultor e pintor galego (1952- )
(Redirección desde «Javier Correa Corredoira»)

Xabier Correa Corredoira nado na Coruña o 4 de setembro de 1952, é un pintor, gravador e escultor galego.

Xabier Correa Corredoira
Nacemento4 de setembro de 1952
Lugar de nacementoA Coruña
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritor, escultor, pintor e gravador
Coñecido porRosa dos ventos
editar datos en Wikidata ]
Muller mariscadora. Ría do Burgo, Cambre.

Traxectoria editar

De novo interesouse pola literatura. En 1975 abandonou os estudos de arquitectura e decidiu dedicarse á pintura. Os seus primeiros pasos en debuxo son de estilo figurativo sobre temas eróticos e dionisíacos, animado polo maxisterio de Mariano García Patiño. Ese mesmo ano recibiu unha bolsa do Seminario de Estudos Cerámicos de Sargadelos, participando nun curso de cerámica (barros refractarios) impartido por Arcadio Blasco.

Xunto con Mon Vasco e Xaime Cabanas foi un dos fundadores do colectivo de comunicación obxectual Galga, movemento de vangarda anterior a Atlántica 80, co que tamén participa en todas as súas mostras, dándose a coñecer no panorama ibérico. Nesta época fai pintura especialista influído polo expresionismo abstracto, o soporte-superficie e a arte pobre.

En 1979, cunha bolsa concedida polo Ministerio de Cultura, viaxou a México para iniciarse na augaforte. Alí quedou impresionado pola mitoloxía das culturas precolombianas que incorporou á súa fonte temática dentro dunha estética expresionista, con atención ás texturas, mais sen abandonar as preocupacións compositivas do período anterior.

En 1985, fundou Gruporzán, no que edita obra gráfica. Desde o ano 90 a súa pintura evolucionou da figura humana cara á paisaxe. A Rosa dos ventos, praciña de mosaico situada ao pé da Torre de Hércules, é a súa obra pública máis significativa.

En 1998 iniciou unha serie de mariñas afastándose do naturalismo ao que acostumaba e retornando cara a un problema espacial no que o teito é a cor.

En 2007 publicou Pintor por Italia, conxunto de apuntamentos datados correspondentes a dúas viaxes polo país de Michelangelo. A palabra e a imaxe fúndense para transmitir as impresións do pintor.

Actualmente desenvolve o seu labor entre Vilar de Locrendes (Oza-Cesuras, A Coruña) e Naveros (Cádiz).

Museos, coleccións e lugares públicos que teñen obra súa editar

 
Rosa dos ventos, Torre de Hércules, A Coruña

Obra escrita editar

Ensaio editar

Poesía editar

Traducións editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Correa Corredoira: Compostela, Consellería de Cultura, 1989.
  • Atlántica. Baiona, Compostela, Madrid, 1980-83.
  • VV. AA.: Diccionario de pintores y escultores españoles del siglo XX. Madrid, Forum Artis, 1994, Vol. III.
  • Anxo A. Rei Ballesteros: A memoria sentimental, catálogo da exposición da Estación Marítima de 1999 coa obra reproducida na páx. 21; Conversacións co artista, en abril de 1999, desde o seu taller de Locrendes.

Ligazóns externas editar