Alfonso Sucasas

pintor galego
(Redirección desde «Alfonso Sucasas Guerra»)

Alfonso Sucasas Guerra, nado en Goiás (Lalín) o 18 de marzo de 1940 e finado en Ferreirós (Vila de Cruces) o 26 de xuño de 2012,[1] foi un pintor galego.

Modelo:BiografíaAlfonso Sucasas
Biografía
Nacemento18 de marzo de 1940 Editar o valor en Wikidata
Goiás, España Editar o valor en Wikidata
Morte26 de xuño de 2012 Editar o valor en Wikidata (72 anos)
Ferreirós, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpintor Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1165213 BUSC: sucasas-alfonso-1940

Traxectoria

editar

Aos quince anos decidiu prepararse para o exame de acceso nunha academia oficial de belas artes. Formouse co profesor Carloandrés López del Rey do Instituto Laboral de Lalín.[2] Posteriormente continuou a súa formación en Madrid e viaxou a Venezuela e o Brasil, onde residiu varios anos. En 1968 regresou definitivamente a Galicia e desenvolveu a súa carreira como pintor, primeiro cunha pintura de carácter socio-político para centrarse posteriormente na interpretación do mundo rural galego, a través dunha pintura xestual e expresionista.

Vida persoal

editar

Casou con María Espinosa Borrego.

  1. Loño, Alfonso (28 de xuño de 2012). "Muere a los 72 años el pintor Alfonso Sucasas". farodevigo.es (en castelán). Consultado o 30 de novembro de 2023. 
  2. Vidal Neira, Antonio (9-9-2018). "Carlos Andrés López del Rey, pintor y profesor en Lalín". Faro de Vigo: 8 DEZA. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar