Abrir o menú principal

Fernando Quesada

debuxante galego
(Redirixido desde "Fernando Quesada Porto")
Non confundir con Fernando Quesada Castro, catedrático de Filosofía Política da UNED.
Non confundir con Fernando Quesada Sanz, catedrático de Arqueoloxía da UAM.

Fernando Quesada Porto, nado en Ourense o 27 de agosto de 1933 e finado en Vigo o 17 de xuño de 2016, foi un viñetista, pintor e funcionario, galego, coñecido polo seu traballo para Faro de Vigo.[1]

Fernando Quesada Porto
Nacemento27 de agosto de 1933
 Ourense
Falecemento17 de xuño de 2016 (82 anos)
 Vigo
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónfuncionario, viñetista e pintor
CónxuxeAna Legido
FillosMarieta, Beatriz, David e Yayo
IrmánsXaime Quessada e Antonio Quesada
Quesada 99.jpg
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Xogou domo dianteiro centro e extremo no Club Deportivo Ourense.[2]

Autodidacta e membro dunha extensa familia de artistas (irmáns seus son: Carlos, Antonio e Xaime Quesada Porto e sobriños: María Fe Quesada Rodríguez e Xaime Quesada Blanco), traballou como caricaturista para varios medios, como Arriba (dirixido por Manuel Blanco Tobío), Pueblo, Blanco y Negro, Interviú, Cambio 16, La Codorniz, Can sen dono, La Región ou La Opinión de Zamora, mais, principalmente, para Faro de Vigo, onde ingresou chamado por Xosé Díaz Jácome e estivo durante cincuenta anos, de 1961 a 2011, chegando a ser o decano dos humoristas gráficos galegos.[3]

En 1960 casou con Ana Legido Otero (1939-2012), tamén pintora, coa que tivo seis fillos, dos que lles sobreviviron catro: María Teresa (1962, pintora), Beatriz (1963, xornalista), David (1970, empresario) e Alejandro (1975, tamén pintor).

Foi funcionario, inspector xefe do Servizo de Vixilancia Aduaneira e xefe provincial de Pontevedra.[4]

Varias editoriais galegas publicaron libros de recompilacións dos seus debuxos:[5]

Chispas da roda I, 1972, colección "O Moucho", Castrelos.
Chispas da roda II, 1973, colección "O Moucho", Castrelos.
Chispas da roda III, 1974, colección "O Moucho", Castrelos.
Cousas da terra, 1975, La Región de Ourense.[6]
Chispas da roda IV, 1976, colección "O Moucho", Castrelos.
Chispas da roda V, 1979, colección "O Moucho", Castrelos.
Humor a rapañota, 1981, con prólogo de Mingote. Galaxia.
Xente a esgalla, 1981, con contracuberta de E. Alonso, Galaxia.
Xente de hoxe, 1985, Galaxia.
Xente para todo, 1987, Galaxia.
Quesadas, 1994, Ir Indo Edicións.
Chispas de Quesada, 2007, Edicións Xerais de Galicia.[7]

Das súas obras pictóricas, figurativas e de tendencia expresionista, presentes en pinacotecas como o Museo Municipal Quiñones de León ou a Colección Afundación,[8] destacan: Máscara y viejo (1986), Tres figuras (1986), Dama en verde (1991), Caserío (1992) e La casa de la Ville (1998).[9][10]

RecoñecementosEditar

Entre outros, obtivo o premio Mingote do xornal ABC (1969),[11] o Premio Humor Gráfico da Xunta de Galicia (dúas veces) e o premio da ONCE.

NotasEditar

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar